Esta publicación enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.



Presentación

A pesca é un dos sectores chave no século XXI: conecta recursos naturais con persoas; é global pero permite o desenvolvemento da industria local; contribúe a unha alimentación sa; ten unha responsabilidade capital na garantía da biodiversidade mariña e pode contribuirá diminución do impacto ambiental doutros sectores, por exemplo, reducindo a contaminación de plásticos.

A pesca industrial e a súa cadea de valor son esenciais para acadar un desenvolvemento sustentable (ambiental, social e económico) neste contexto. A Axenda 2030, adoptada pola comunidade internacional e reflectida nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), marca un camiño para a transformación repleto de oportunidades.

Os principios e valores que rexen as entidades da economía social fan que este tipo de organizacións poidan impulsar de xeito coherente e consistente a transformación socioeconómica que marca a Axenda 2030. E que, por tanto, tamén poidan ser chave nun sector milenario e tradicional como o da pesca industrial.

Esta guía pretende ser un primeiro paso para mostrar que na pesca industrial ten cabida a economía social, visibilizando entidades que xa operan desde esta forma xurídica creando riqueza financeira, prosperidade e benestar social, e para mostrar que, ao longo de toda a súa cadea de valor, existen oportunidades para as empresas que xa están no sector, as que están en sectores conectados e para novas iniciativas que poidan xurdir.

Hai razóns para crer!


Valores e principios da economía social

De acordo coa Lei 6/2016 da economía social de Galicia, «As entidades de economía social, inspiradas polos valores de axuda mutua, responsabllldade, democracia, Igualdade, equidade, solldariedade, honestidade, transparencia, autonomía, autoxestión, responsabilidade social e preocupación polas demais persoas, están informadas polos seguintes principios orientadores».


Primacía das persoas e do fin social sobre o capital

Concrétase nunha xestión autónoma e transparente, democrática e participativa, que leva a priorizar a toma de decisións máis en función das persoas e as súas achegas de traballo e servizos prestados á entidade, ou en función do fin social, ca en relación coas súas achegas ao capital social.

Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica en función do traballo

A aplicación dos resultados obtidos da actividade económica, principalmente en función do traballo achegado e do servizo ou da actividade realizados polas socias e os socios ou polas persoas integrantes, se for o caso, ao fin social obxecto da entidade, ao servizo da consecución de obxectivos como o desenvolvemento sustentable, o interese dos servizos aos membros e o interese xeral.

A promoción da solldariedade lntema e coa sociedade

Para favorecer o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a cooperación, a inserción de persoas con discapacidade e de persoas en risco ou en situación de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e mais a sustentabilidade.

A Independencia respecto dos poderes públicos

O compromiso co territorio

Fronte ao despoboamento e o envellecemento no medio rural, inxectando estabilidade e futuro.

O fortalecemento da democracia Institucional e económica


Lexislación de aplicación.
Formas xurídicas das entidades da economía social

En España
LEI 5/2011 DO 29 MARZO DA ECONOMIA SOCIAL

A configuración actual da economía social en España vén determinada pola aprobación da Lei 5/2011, do 29 de marzo, da economía social, que supón un gran cambio para a visibilidade e desen­volvemento do sector.

En Galicia
LEI 6/2016 DO 4 MAIO DA ECONOMÍA SOCIAL

En Galicia é a Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, a que marca o inicio dunha nova etapa na que a Administración galega fai unha aposta por este modelo. A propia lei define a economía social do seguinte xeito: "A economía social engloba un conxunto de actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo entidades que perseguen, ben o interese colectivo das persoas que o integran, ben o interese xeral económico ou social, ou ambos os dous, mostrándose día a día como un actor fundamental no desenvolvemento da sociedade actual".


Formas xurídicas das entidades que forman parte da economía social


Sociedades Cooperativas

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), "a cooperativa é unha forma de organización empresarial baseada na estrutura e funcionamento democráticos. A súa actividade desenvólvese atendendo aos principios cooperativos, aceptados e regulados nos ámbitos autonómico, estatal e internacional".
A participación nos beneficios, en función do traballo das persoas socias, non do seu capital

//////////////////////////

Principios Cooperativos. Recollidos por CEPES


"Porta sempre aberta"

A adhesión voluntaria e aberta dos socios, que garante a liberdade da súa entrada e saída da cooperativa.

"Unha persoa, un voto"

A xestión democrática, que asegura aos socios a participación directa e en condicións de igualdade na fixación dos obxectivos da cooperativa, co independencia do capital achegado.

"A participación nos beneficios, en función do traballo das persoas socias, non do seu capital"

A participación económica dos socios que determina que os beneficios se distribúan en función da actividade dos socios na cooperativa, no canto de en función do capital achegado, o que evita o enriquecemento persoal duns fronte a outros.

"Escala de democracia económica"

A educación, formación e información, como obrigacións que a cooperativa ten coas persoas socias e o persoal asalariado, así como o fomento do cooperativismo

"Desenvolvemento sustentable e compromiso democrático co local"

O interese pola comunidade, o que significa apostar polo desenvolvemento sustentable e a cohesión social e territorial no ámbito local, transmitindo nel cultura e comportamentos democráticos.

LEI 27/1999, DE 16 DE XULLO, DE COOPERATIVAS LEI 20/1990, DE 19 DE DECEMBRO, SOBRE O REXIME FISCAL DAS COOPERATIVAS

De acordo coa CEPES, existen distintas claslflcaclóns de cooperativas dentro da variada tipoloxía xurídica e organizativa que hai no cooperativismo.


Cooperativas de prlmelro grao

Agrupan como mínimo tres persoas socias unidas por intereses e compromisos socioeconómicos comúns.

Cooperativas de segundo grao

Integran como socios polo menos a dúas cooperativas, co obxectivo de reforzar a súa actividade económica. son as "cooperativas de cooperativas".

Por tipo de actividade realizada

  • Traballo asociado
  • Consumidores e usuarios
  • Servizos
  • Agrarias
  • Transportistas
  • Ensino
  • O Mar
  • Explotación comunitaria terra
  • Vlvendas
  • Sanitarias
  • Seguros
  • Crédito
  • Iniciativa social

LEI 14/2011, DO 16 DE DECEMBRO. POLA QUE SE MODIFICA A LEI 5/1998. DO 18 DE DECEMBRO. DE COOPERATIVAS DE GALICIA LEI 5/1998, DO 18 DE DECEMBRO. DE COOPERATIVAS DE GALICIA LEI 5/2017 DO 19 DE OUTUBRO. DE FOMENTO DA IMPLANTACIÓN DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS EN GALICIA

Sociedades Laborais

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), "neste tipo de empresas, o capital social pertence maioritariamente aos traballadores e traballadoras. O feíto de que os traballadores e traballadoras sexan socios e socias, favorece a automotivación á hora de afrontar os proxectos. O mínimo requirido é de tres e os trámites de constitución son similares aos de calquera outra sociedade mercantil".

//////////////////////////

Características das sociedades laborais segundo CEPES


"Traballo indefinido"

A maioría do capital é propiedade dos traballadores e traballadoras con contrato indefinido. Foméntase o emprego con contrato indefinido entre as persoas socias.


"Limitación de capital do socio"

Ningún socio pode posuír máis dun 33,33% do capital, agás se é unha entidade pública ou non ten ánimo de lucro, nese caso, a súa participación non poderá superar o 50%. É imprescindible o consenso entre os socios traballadores en todas as decisións estratéxicas.


"Limitación no número de horas traballadas"

O total de horas realizadas cada ano polos traballadores e traballadoras indefinidas non pode superarun 15% do total traballado polos socios traballadores. Se emprega a menos de vinte e cinco traballadores, esta porcentaxe amplíase ao 25%..


"Limitadas ou Anónimas"

No primeiro caso necesítase un capital mínimo de 3.000 €e no segundo 60.101 €


"Preferencia na transmisión de accións / participacións"

Ao ter preferencia na adquisición, primeiro os traballadores e traballadoras con contrato indefinido, e logo os socios traballadores; en último termo, os socios capitalistas, a sociedade e, finalmente, podería optar un terceiro alleo á sociedade. As accións / participacións son sempre nominativas.


REAL DECRETO 2114, DO 2 DE OUTUBRO DE 1998, QUE REGULA O REXISTRO ADMINISTRATIVO DE SOCIEDADES LABORAIS LEI 44/2015, 14 DE OUTUBRO DE SOCIEDADES LABORAIS E PARTICIPADAS

Mutualidades

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), "son sociedades de persoas, sen ánimo de lucro, de estrutura e xestión democrática, que exercen unha actividade aseguradora de carácter voluntario, complementaria do sistema de previsión da Seguridade Social".

//////////////////////////

Características das mutualidades segundo CEPES


Principio de identidade ou unidade

A mutualidade como forma específica de entidade aseguradora, radica, en definitiva na coincidencia entre as figuras de asegurado e de socio ou mutualista.


"Solidariedade"

Maniféstase de forma práctica no principio da non exclusión do colectivo naqueles riscos que non poden cubrir os sistemas individuais. Este principio que normalmente encarece o custo do seguro, vén compensado coa ausencia de ánimo de lucro, xa que calquera excedente repártese de forma solidaria entre os membros do colectivo.


"Participación democrática"

Participación democrática de todos os mutualistas nos órganos de goberno da mutualidade.


"Igualdade dereitos e obrigas"

Sen prexuízo da prima ou cota que se ha pagar polas coberturas de seguro ou de previsión social.


"Preferencia na transmisión de accións / participacións"

Ao ter preferencia na adquisición, primeiro os traballadores e traballadoras con contrato indefinido, e logo os socios traballadores; en último termo, os socios capitalistas, a sociedade e, finalmente, podería optar un terceiro alleo á sociedade. As accións / participacións son sempre nominativas.


Centros especiais de emprego

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES). "son empresas que compatibilizan a viabilidade económica e a súa participación no mercado co seu compromiso social cara a colectivos con menores oportunidades no mercado de traballo. O seu persoal está constituído polo maior número posible de persoas oon discapacidade (cuxo número non pode ser inferior ao 70% respecto do total dos traballadores). Desenvolven unha capacidade produtiva e competitiva que lles permite introducir os seus produtos no mercado"

//////////////////////////

Contorna lexislativa

O Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se a proba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, establece no artigo número 42 a cota de reserva de postas de traballo para persoas con discapacidade. As empresas públicas e privadas que empreguen a un número de 50 ou máis traballadores estarán obrigadas a que de entre eles, polo menos, o 2% sexan traballadores/as con discapacidade.

A integración laboral das persoas con discapacidade pódese levar a cabo de dúas formas diferentes: ben no mercado aberto ordinario de traballo, ou ben no mercado protexido a través dos centros especiais de emprego.

Esta denominada "cota de reserva" abre as portas ás empresas que deben cumprir coa lexislación, a poñer en marcha colaboracións cos centros especiais de emprego.


//////////////////////////

Características dos centros especiais de emprego segundo CEPES

"Maior número posible de persoas discapacitadas"

O seu persoal está constituído polo maior número de persoas con discapacidade que permita a súa capacidade produtiva, cuxo número non pode ser inferior ao 70% respecto do total dos traballadores.


"Garanten formación e apoio permanente"

Ademais de facilitar emprego remunerado a estas persoas, os centros especiais de emprego garanten formación e apoio permanente na súa vida persoal e social, promovendo o tránsito á empresa ordinaria.


"Integración social"

Teñen unha función fundamental de integración social a través da propia inserción laboral: conseguir un traballo estable e remunerado facilita a independencia económica e incide moi favorablemente nas posibilidades de integración social e na autoestima da persoa.


"Gran calidade humana e tecnolóxica"

Apóianse en equipos humanos de gran calidade e na tecnoloxía como medio de salvar as dificultades derivadas da discapacidade e como forma de garantir a competitividade do traballo no mercado.


"Requisitos para a creación dun centro especial de emprego"

Contar con traballadores e traballadoras que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, ou vaian prestar servizos laborais por conta do centro e dentro da súa organización ou facer unha declaración de que pode contar cos devanditos traballadores. Adoptar o expreso compromiso de formar aos traballadores e traballadoras con discapacidade.


"Enclaves Laborais"

Permiten aos CEE desprazar aos seus traballadores con discapacidade ás empresas para a que presta os seus servizos ou realiza os seus produtos. Os enclaves permiten que as persoas con discapacidade se integren en contornas de traballo normalizadas, asumindo os hábitos, as habilidades e as aptitudes propias destes ámbitos profesionais, e se relacionen con traballadores e traballadoras sen discapacidade, sen perder os procesos de seguimento e apoio do centro especial de emprego. Ademais os enclaves son unha fórmula fácil e rápida para a creación de postas de traballo estables na empresa ordinaria. Non se trata, por tanto, dunha solución provisional.


"Medidas discriminación positivas"

A función principal das unidades de apoio nos CEE é eliminar as barreiras que o traballador e a traballadora con discapacidade atopa ao incorporarse ao seu posto de traballo e desenvolver a súa actMdade de forma eficiente. Estas unidades de apoio teñen as funcións de desenvolver programas de formación, axuda directa no desenvolvemento da actividade produtiva, respaldo nos casos de deterioración evolutiva, potenciación da autonomía, implantación de procesos de promoción, establecemento de relacións coa contorna máis próxima ao traballador, etc. Todos estes apoios diríxense a traballadores con discapacidade intelectual, enfermidade mental ou outros con especiais dificultades no emprego.


REAL DECRETO LEXISLATIVO 1/2013, DO 29 DE NOVEMBRO. POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI XERAL DE DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E DA SÚA INCLUSIÓN SOCIAL

Empresas de inserción laboral

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economia Social (CEPES), "defínense como estruturas de aprendizaxe, en forma mercantil, cuxa finalidade é a de posibilitar o acceso ao emprego de colectivos desfavorecidos, mediante o desenvolvemento dunha actividade produtiva, para o que, se deseña un proceso de inserción, establecéndose durante o mesmo unha relación laboral convencional No seu persoal deben ter unha porcentaxe de traballadores en inserción, que dependendo de cada Comunidade Autónoma, oscilará entre o 30% e o 60%. O 80% dos resultados reinvístese na empresa".

//////////////////////////

Características das Empresas de Inserción segundo CEPES


"Iniciativas empresariais"

Combinan a lóxica empresarial con metodoloxías de inserción laboral. Son empresas que non están á marxe dos procesos convencionais da economía, xa que producen bens e servizos, melloran a contorna, potencian os servizos ás persoas e favorecen a calidade de vida, sendo rendibles e competitivas. Ademais de valorar a súa rendibilidade económica, é moi importante destacar a rendibilidade nos aspectos sociais, xa que os beneficiarios deixan de ser persoas pasivas e dependentes.


"Destinatarios da inserción sociolaboral"

Persoas en situación ou grave risco de exclusión social que estean e que teñan dificulta­des importantes para integrarse no mercado de traballo ordinario incluídas nalgúns dos seguintes colectivos: Perceptores de rendas mínimas de inserción / desempregados de moi longa duración / mozos que non finalizasen o período escolar obrigatorio en situación de desemprego/ ex-toxicómanos que se atopen en proceso de rehabilitación e reinserción social / internos de centros penais e ex-recluídos en situación de desem­prego / outros colectivos como son: minorías étnicas, inmigrantes ou persoas con cargas familiares non compartidas e en situación de exclusión.


"Permanencia temporal"

A empresa de inserción procúralles un itinerario de inserción que consiste nun pian de traballo personalizado, que establece un camiño planificado cara á consecu­ción da integración no mercado laboral ordinario.

A permanencia destas persoas nas empresas de inserción é temporal, xa que non se pretende crear postos indefinidos senón formar e capacitar ás persoas para poder atopar un posto de traballo por si mesmas.


Participación

Estar participadas polo menos do 51% do capital social por unha organización social ou entidade sen ánimo de lucro.


"Porcentaxe de traballadores de inserción"

Ter entre os seus traballadores unha porcentaxe de traballadores de inserción. Dependendo de cada Comunidade Autónoma oscilará entre un 30% e un 60%.


"Ampliación das estruturas produtivas e de inserción"

Aplicar, polo menos o 80% dos resultados ou os excedentes dispoñibles obtidos en cada exercício económico á mellora ou ampliación das estruturas produtivas e de inserción.


LEI 44/2007. DO 13 DE DECEMBRO. PARA A REGULACIÓN DO RÉXIME DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN

Confrarías de pescadores

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), "son corporacións de dereito público sectoriais, sen ánimo de lucro, representativas de intereses económicos de armadores de buques de pesca e de traba­lladores do sector extractivo, que actúan como órganos de consulta e colaboración das administracións competentes en materia de pesca marítima e de ordenación do sector pesqueiro, cuxa xestión se desenvolve co fin de satisfacer as necesidades e intereses dos seus socios, co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, a cohesión social e a sustentabilidade".


LEI 33/2014. DO 26 DE DECEMBRO, POLA QUE SE MODIFICA A LEI 3/2001. DO 26 DE MARZO. DE PESCA MARÍTIMA DO ESTADO

Fundacións

De acordo coa Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), "son organizacións constituídas sen fin de lucro que, por vontade dos seus creadores, teñen afectado o seu patrimonio de modo duradeiro á realización dun fin de interese xeral. As fundacións de economía social deben cumprir taxativamente os principios da economía social citados, e que recolle a Lei 5/2011 ".


LEI 12/2006. DO 1 DE DECEMBRO. DE FUNDACIÓNS DE INTERESE GALEGO


Razóns para crer na economía social


Mellor desempeño en creación de emprego respecto de empresas ordinarias

"En termos de creación de emprego, é innegable o comportamento das entidades da econo­mía social nos anos precedentes de grave crise económica, tal e como demostra o feito de que, entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2013, a destrución de emprego nas cooperativas foi case seis puntos inferior en termos de afiliación á Seguridade Social ao do resto das empresas, ou o incremento constante do número de traballadores das empresas de inserción durante os anos de maiores dificultades". Estratexia Española Economía Social.


Maior flexibilidade para adaptarse ás condicións recesivas

"As entidades da economía social contan cunha maior flexibilidade para adaptarse ás condicións recesivas (teñen unha maior capacidade para axustar horarios e retribucións dos seus traballadores, en lugar de recorrer ao despedimento), e poden chegar a exercer un efecto refuxio en tempos de crise, tanto pola decisión de desempregados de crear cooperativas como pola transformación de empresas ordinarias en modelos cooperativistas laborais. Esa maior capacidade para crear e manter o emprego, pese a que a crise lles ten afectado igual que ao resto das empresas, despréndese de que entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2013, a destrución de emprego nalgunhas famílias que conforman a economía social, como é o caso das cooperativas, foi en máis de 8 puntos inferior ao do conxunto das fórmulas empre­sariais, o que dá idea da súa resiliencia". Estratexia Española Economía Social.


Máis estabilidade no traballo

"Na evolución recente destes datos hai que destacar a estabilidade do emprego na segun­da fase da recesión, pois o número de traballadores mantívose estable entre 2011 e 2014. Posteriormente, o emprego incrementouse un 11,8% (entre o terceiro trimestre de 2014 e o terceiro trimestre de 2017), en máis de 30.000 traballadores (31.842)". Estratexia Española Economía Social

Mirando ao pasado, as entidades da economía social demostraron un mellor desempeño que as empresas ordinarias para superar a crise económica.


Amortizador automático en período de crise económica

"A economía Social, en paralelo á intervención do Estado, constitúe un amortiza­dor automático en período de crise económica (maior resistencia, primacía das persoas en oposición á estrita lóxica de maximización dos benefícios, etc.)" Libro Branco Social Economy Europe


Responden a unha necesidade da cidadanía, que se ve no crecente interese en temas relacionados coa sustentabilidade e responsabilidade empresarial

"As empresas e organizacións da economía social toman en consideración aspectos esquecidos polas empresas de capital e as empresas públicas, á vez que propoñen alternativas viables e eficaces. A economía social xoga un papel crecente nas nosas sociedades, que perseguen unha economía máis humana e respectuosa co medio ambiente". Libro Branco Social Economy Europe


Capacidade de adaptación e innovación

"As empresas da economía social, en tanto que, provedoras de bens e servizos, benefícianse dunha importante capacidade de adaptación e innovación fronte ás novas necesidades da sociedade." Libro Branco Social Economy Europe

Mirando ao futuro, están en mellor disposición de afrontar os retos globais e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.



Pulo das Administracións Públicas


Estratexia Española de Economía
Social 2017 - 2020

A Estratexia Española de Economía Social 2017 - 2020 foi publicada en marzo de 2018. De acordo coa información facilitada polo Consello de Ministros que a aprobou, "responde á necesidade de ter en conta e promover as particulari­dades das empresas da economía social no mercado único, así como de incluír e apoiar ás empresas da economía social a través de programas, proxectos e fondos e no desenvolvemento innovador e sustentable dun ecosistema financeiro adecuado".

Así mesmo, pretende reforzar e impulsar os valores da economía social, así como a súa proxección na sociedade española, destacando a súa vocación para a xeración de emprego e a súa enorme contribución á cohesión social. A Estratexia estrutúrase ao redor de once eixos de actuación estratéxicos e sesenta e tres medidas que abordan diferen­tes aspectos chave para o desenvolvemento do sector.

A Estratexia contén accións dirixidas á creación de emprego e de apoio no ámbito da economía social, como a realiza­ción de análise sobre o sector; a xeración de incentivos, tanto ao emprego estable, como ao emprendemento neste modelo empresarial; e unha maior presenza en sectores de actividade e de prestación de servizos vinculados aos alicerces do Estado do Benestar, como o do ámbito da dependencia.

Seguirase potenciando o labor dos centros especiais de emprego, das empresas de inserción e das cooperativas de iniciativa social, para facilitar as posibilidades de inserción laboral daqueles colectivos que presentan maiores dificulta­des de empregabilidade.

Un dos elementos máis novos desta Estratexia é a habilitación do Rexistro Telemático de Cooperativas de Ámbito Estatal, co fin de eliminar trabas administrativas e axilizar a relación entre os cidadáns e o Rexistro de Cooperativas.

Así mesmo, avanza en medidas que poidan facilitar a substitución xeracional, apoiando a transformación de empresas mercantís ordinarias en entidades da economía social.

A Estratexia dá resposta a unha demanda histórica do sector e dá un primeiro paso para crear o primeiro Catálogo nacional das entidades da economía social, que se elaborará en coordinación coas comunidades autónomas.

Ademais, o Goberno aprobará unha orde ministerial para crear un Selo de Entidade da Economía Social que distinguirá a todas e cada unha das empresas que conforman o sector, e, así, dotalas dunha maior visibilidade de maneira que sexan recoñecidas pola sociedade no seu conxunto.

Outra das novidades neste sentido é a creación dun certificado de profesionalidade específico para a «Posta en marcha e xestión de entidades da economía social» dentro do "Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales".


ESTRATEXIA ESPAÑOLA DE ECONOMÍA SOCIAL 2017 - 2020

········Incentivos para as entidades da enconomia social vixentes actualmente

1

Apoio ao emprego e ao emprendemento no ámbito da economía social

2

Pulo á consolidación de empresas da economía social e o seu crecemento

3

Análise e desenvolvemento do marco xurídico da economía social, co obxecto de eliminar as barreiras que poidan impedir ou limitar o seu desenvolvemento

4

Xeración de mecanismos innovadores de participación da economía social en sectores estratéxicos

5

Pulo da economía dixital nas entidades de economía social

6

Fomento da participación institucional da economía social

7

Desenvolvemento da economía social no marco da Axenda Internacional e en especial en lberoamérica, Europa e Mediterráneo

8

Incremento da visibilidade das entidades da economía social e difusión da súa actividade

9

Fomento da participación institucional da economía social

10

Impulso da responsabilidade social no marco das entidades da economía social

11

Participación da economía social no deseño e implantación da Axenda dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable


VER ANEXO 1 DA ESTRATEXIA ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL

Estratexia Galega de Economía Social

A Estratexia Galega de Economía Social foi publicada en decembro de 2018. De acordo coa información facilitada pola Xunta de Galicia tras a súa publicación, a Estratexia vai dirixida principalmente ás cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral, e recolle as medidas de promoción, estímulo e desenvol­vemento da Lei de economía social de Galicia, coa que se está poñendo en valor este sector dotándoo da relevancia que merece e impulsando a súa capacidade de xerar un modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable.

A nova folla de ruta conta cun orzamento de 73 millóns de euros para poñer en marcha nos próximos tres anos un total de 25 medidas das que 11 son novas. O obxectivo é incrementar nun 10% as entidades de economía social coa creación de 300, chegando ás 3.300; aumentar nun 20% os empregos (3.000 novos empregos), alcanzando os preto de 17.500; acadar o 50% de mulleres promotoras nas novas cooperativas e sociedades laborais; e reducir á metade o tempo de constitución deste tipo de compañías.



········A nova planificación inclúe tres retos para sumar capacidades, sumar sustentabilidade e sumar identidade.


Sumar capacidades

Poranse en marcha medidas encamiñadas a mellorar a formación para o emprendemento especialmente entre as mulleres, a mocidade e no rural galego, promovendo novos sectores económicos e fomentando a inclusión laboral. Entre as actuacións dentro deste reto destaca o fomento da economía social entre o alumnado de todos os niveis educativos e a aproba­ción de incentivos para empresas de nova creación baseadas na tecnoloxía, a economía colaborativa ou a economía circular.


Sumar sustentabilidade

Co obxectivo de sumar sustentabilidade activaranse iniciativas orientadas ao crecemento e consolidación das empresas centradas no apoio á innovación, á internacionalización, á cooperación e á transformación, e na aprobación de medidas que faciliten a constitución e funcionamento destas entidades, como a modernización e actualización dos rexistros.

Deste segundo reto, destacan os servizos que se ofrecerán ao tecido empresarial para a súa transformación en empresas de economía social, que comprenderán un diagnóstico, aseso­ramento e axudas; e nos apoios para os proxectos de investigación e innovación, facilitando a incorporación da tecnoloxía. Prestarase especial atención ás medidas que favorezan a posta en marcha de novos tipos de cooperativas.


Sumar identidade

O terceiro reto da Estratexia busca mellorar a visibilidade e o coñecemento sobre a economía social e a súa importancia sensibilizando sobre os seus valores e promovendo mecanismos de participación. Porase en marcha, entre outras actuacións, o Consello Galego de Economía Social como órgano consultivo e espazo de coordinación entre as diferentes entidades que forman a economía social de Galicia. Entre as funcións deste órgano inclúense a elaboración de estudos e informes e a promoción dos principios da Lei de economía social. Así mesmo, impulsarase a Rede Eusumo que a día de hoxe conta con 206 socios".


········Recursos promovidos polas Administracións en Galicia para o impulso da economía social


EUSUMO. Asesoramento para emprendemento.
EUSUMO. Formación presencial online.
XUNTA. Asesoría virtual para o rexistro de Cooperativas.
XUNTA. Asesoría virtual para o rexistro de sociedades Laborais.
XUNTA. Asesoría virtual para o rexistro de Centros Especiais de Emprego.
EUSUMO. Portal no que se publican axudas e subvencións
XUNTA. Ferramenta Xunta PRO RSE
Ver ligazón en capítulo 7

5.1. Caso Práctico: creando unha Cooperativa

Un grupo de persoas que prestan diversos servizos no porto (carga e descarga, transporte de mercadorías, pequenas reparacións) e que cotizan en réxime de autónomos decidiron unirse para ofrecer os seus servizos de maneira conxunta. A súa intención é tratar de ter unha maior estabilidade de traballo, desenvolvendo servizos novos que se complementen e lles ofrezan unha carga laboral estable.

O que lles move é o desexo de acadar un maior volume de negocio, a posibilidade de sentirse apoiados cando as cousas non vaian ben, poder proverse de servizos de seguridade e saúde laboral, ou poder facer cursos de formación de cando en vez que lles permitan mellorar na súa cualificación profesional. Para iso decidiron constituírse nunha cooperativa.

Investigaron e atoparon distintas entidades que lles ofrecen axuda para validar que a súa idea ten viabilidade empre­sarial e para saber os pasos administrativos que teñen que ir dando. Por exemplo, a Rede Eusumo (http://eusumo.­gal/asesoramento) realiza asesoramentos gratuítos que cubre ambas as áreas. Ou a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e lndustria (https://emprego.xunta.es/lrpro/web/av_cooperativas/constitucion) que realiza asesoramentos virtuais para axudar na constitución da cooperativa.

O primeiro, por tanto, é deseñar e analizar a proposta de valor dos servizos que queren ofrecer e das novas liñas de negocio que queren desenvolver. Esta é a parte fundamental do modelo de negocio da nova empresa que van crear. Tamén deben analizar os procesos que van ter, os recursos e provedores que van necesitar (e por tanto os custos asociados), identificar aos seus clientes e estudar os prezos que van ofertar. E por suposto, non se poden esquecer de tratar de maximizar o impacto social e ambiental positivo da súa actividade.

Pero tampouco poden esquecerse de que, aínda que se coñecen desde hai tempo, pois levan traballando anos no mesmo porto, nunca traballaron conxuntamente. Por iso, é importante que melloren o seu coñecemento, as fortalezas e debilidades de cada persoa, as inquietudes, as tarefas que pode desempeñar... en fin, que comecen a pensar que van ter que desenvolverse tamén como equipo. E isto leva un tempo.

Os seguintes pasos son os administrativos. Para saber o que teñen que facer e o que lles espera, existe unha guía editada por Eusumo (http://eusumo.gal/sites/default/files/Conece_a_formula_cooperativa.pdf) na que se pode atopar información moi relevante sobre as cooperativas, lexislación de aplicación, órganos de goberno, o réxime económico, etc. Ademais, ven un vídeo tamén de Eusumo no que se indican os pasos para dar (https://youtu.be/SX9rBNniQes). Son os seguintes:


········Caso Práctico: creando unha Cooperativa

1

Solicitude da certificación negativa de denominación (ten validez de 6 meses prorrogables outros 2).

2

Celebración da asemblea constitutiva e redacción dunha acta cos acordos alcanzados.

3

Cualificación previa dos estatutos sociais (trámite opcional e gratuíto).

4

Desembolso do capital social inicial nunha conta bancaria a nome da cooperativa.

5

Sinatura da escritura pública de constitución ante notaria.

6

Inscrición no Rexistro de Cooperativas. Debe solicitarse no prazo de 2 meses desde o outorgamento da escritura.

7

Solicitude do CIF provisional presentando o modelo 036 na Administración da Axencia Tributaria nun prazo máximo de 30 dias desde a súa constitución.

8

Presentación do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados a través do modelo 600 nun prazo máximo de 30 dias desde a elevación a escritura pública, ainda que están exentas de pagalo.

9

Declaración do comezo efectivo da actividade e solicitude do CIF definitivo presentando para ambos o modelo 036 na Administración da Axencia Tributaria.

10

Presentación para a súa legalización dos libros sociais e libros contables ante o Rexistro de Cooperativas.

11

Realización doutros trámites como a obtención de permisos e licenzas, dependendo da actividade.

12

Afiliación á Seguridade Social das persoas socias traballadoras xa sexa no réxime xeral ou de autónomos. Afiliación da cooperativa cando contraten persoas traballadoras.



Oportunidades da economía social no ámbito da pesca industrial

6.1. Aproximacións


········Aproximacións á economia social das empresas da pesca industrial


········Aproximacións á pesca industrial das organizacións da economía social

6.2. Mapa do ecosistema da pesca industrial


 Faga click para ampliar o gráfico

ENFOQUE 3:
A economía social como chave para solucionar retos globais e contribuír ao desenvolvemento sustentable

3.1. Disminucion de descartes

3.2. Lixo mariño

3.3. Outras oportunidades

A forma en que se desenvolvan as actividades da cadea de valor da industria pesqueira pode contribuír ao desenvolvemento sustentable.


ENFOQUE 1:
Cadea de valor do sector da pesca industrial

1.1. Servizos de porto

1.2. Pesca extractiva e transformación

1.3. Comercialización e loxística

1.4. Deseño de buques

Dentro da cadea de valor do sector pesqueiro pódense atopar distintos elos nos que desenvolver iniciativas da economía social.


A economía social e a forma de organización empresarial das súas entidades (cooperativas, sociedades laborais, fundacións) pode axudar a resolver os propios retos do sector.

A propia cadea de valor do sector da pesca pode ofrecer, a través das entidades da economía social (centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral, etc.), oportunidades a persoas en risco de exclusión social.


ENFOQUE 2:
A economía social para desenvolver e coidar as persoas

2.1. Resolver os retos da pesca industrial "desde dentro"

2.2. A pesca industrial como oportunidade para todas as persoas


6.3. Descubrindo as oportunidades

 Enfoque 1  Cadea de valor do sector da pesca industrial

A cadea de valor do sector da pesca industrial é unha representación do conxunto de actividades que son necesarias para xerar o produto final (a comercialización de peixe en distintas modalidades), partindo das actividades iniciais (pesca extractiva e operacións no porto). Por tanto, esta cadea involucra e relaciona a multitude de actores, empresas, persoas, organizacións, etc. que desenvolven as actividades profesionais necesarias para ir engadindo valor en cada un dos elos.

A observación da cadea de valor da pesca industrial permite comprender a importancia do sector: conecta recursos naturais con persoas; é global pero permite o desenvolvemento da industria local; contribúe a unha alimentación sa; ten unha responsabilidade capital na garantía da biodiversidade mariña, etc.

Por tanto, os retos do sector son múltiples e complexos, pero ofrecen grandes oportunidades para contribuír a levar a cabo un desenvolvemento sustentable no que se teña en conta o medio ambiente e ás persoas. Dentro da cadea de valor do sector pesqueiro pódense atopar distintos elos nos que desenvolver iniciativas da econo­mía social. Pero tamén, a forma na que se desenvolvan as súas actividades pode contribuír ao desenvolvemento sustentable ou pode ofrecer oportunidades a persoas en risco de exclusión social.

Actualmente, pese a que algúns valores da economía social (solidariedade entre persoas, axuda mutua, compromiso co territorio) e de que existe un gran arraigamento de entidades da economía social como as confrarías de pescadores na pesca artesanal, no sector pesqueiro industrial non existen apenas entidades que formen parte legalmente deste ámbito. Desde logo, a presenza é infinitamente menor que noutros sectores como o agroalimentario.

Oportunidades na economia social a nivel empresarial xeral

A economía social xera oportunidades ás empresas que forman parte da cadea de valor da pesca industrial. A curto prazo poden contratar como provedoras a entidades da economía social, cumprindo unha dobre función: mellorando o seu desempeño social ao contratar a empresas responsables, e por tanto impulsando a súa estratexia de RSE, e por outra banda pode servir como fonte de inspiración de boas prácticas en relación á xestión de persoas e formas de organización.

Esta inclusión paulatina de valores pode levar a un cambio nos propios valores da empresa que puidese ser que condu­cise a un cambio de forma xurídica no futuro. O cambio na forma xurídica, podería ser, con todo, unha oportunidade tamén a curto prazo para empresas que están en crise ou para empresas familiares que teñen dificultades para xestio­nar a substitución xeracional e corren o risco de desaparecer. O mellor desempeño ante momentos de crise foi unha constante durante os últimos anos, e exemplos de empresas ao bordo da quebra que sobreviviron ao ser recuperadas como cooperativas de traballo, hai unhas cantas.

Supervivencia empresarial en procesos de substitución xeracional ou crise

Desenvolver a estratexia RSE e inspiración de boas prácticas contratando entidades da economía social


1.1. Servizos do porto

As actividades no porto e as súas instalacións dan lugar a diferentes servizos, subministracións e equipamento de buques que dan traballo a gran número de persoas. Moitas destas persoas traballan directamente empregadas por empresas armadoras, pero tamén hai servizos que son ofrecidos por empresas especializadas, ou por persoas traballan­do en réxime de autónomos. Isto xera oportunidades para a creación de iniciativas empresariais que se adecúan ás características de entidades da economía social, como poden ser cooperativas ou sociedades laborais.


Colla de peixe fresco

Persoal transporte carros na lonxa

Redeiros/as

Subministración e equipamento dos buques

Mantemento e reparación dos buques e equipas pesqueiros


A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) naceu hai máis de 50 anos. Agrupa a ao redor de 160 socios entre os que se atopan asociacións de pesca orientadas cara á xestión de caladoiros específicos, e organizacións de produtores de pesca especializadas na produción e comercialización dos produtos pesqueiros. Desta forma, ARVI representa os seus intereses nas relacións coas Administracións Públicas para orientar o presente e futuro da Política Común de Pesca, á parte de facilitar a xestión diaria dos asuntos de interese á frota asociada ante ditas administracións.

Ligazón á web en capítulo 7.

A Sociedade Cooperativa COTRASVI dedíca­se á estiba e desestiba portuaria. Están especializados na carga e descarga de peixe fresco nos buques no porto de Vigo, e o seu principal cliente é ARVI. Naceu en 1994 e formouse co persoal eventual do antigo Rexistro Especial do INEM para tratar de abaratar os custos das descargas e dar estabilidade de emprego a este colectivo. Actualmente está formada por case 50 persoas socias, das cales aproximadamente o 25% son mulleres. Son un referente na defensa do sector e das condicións laborais das persoas, así como da observación dos riscos e da saúde laboral, e da formación no traballo.

Ligazón á web en capítulo 7.

A Compañía Estibadora Marítima (COESMA) naceu como cooperativa en 1998 cando foi formada por 30 persoas que traballaban xuntas nunha empresa mercantil que ía pechar. Inicialmente levaban a cabo soamente labores de estiba e desestiba, unha actividade que é moi cíclica. Para garantir unha carga de traballo estable durante todo o ano, as persoas socias decidiron incorporar unha nova liña de negocio á cooperativa, ofrecendo un novo servizo de limpeza de lura. Esta nova activida­de fixo que puidesen ampliar a cooperativa ata as 48 persoas.

Ligazón á web en capítulo 7.

A Cooperativa de Traballo Asociado (COGALSO) naceu en Perlío, Fene (A Coruña) promovi­da por un grupo de traballadores do sector naval. Dedícase á soldadura, mantemento e reparación de caldeiraría naval.

Ligazón á web en capítulo 7.

1.2. Pesca extractiva e transformación

De acordo co "Informe para a promoción da economía social no sector da pesca industrial", este sector caracterízase pola dureza do seu traballo. Destacan neste sentido dúas actividades da cadea de valor que sobresaen por enriba do resto e nos que se identifican retos significativos.


Actividade no mar que obriga a longos períodos embarcados, en condicións de confinamento, principalmente desenvolvida por homes.

Industria transformadora: conservas / conxelados; actividade habitualmente levada a cabo por mulleres.


Promover o substitución xeracional nas tripulacións dos barcos.

Mellora na xestión organizativa dos recursos humanos a bordo dos barcos atendendo á relación de interculturalidade.

Integración de mulleres en pesca extractiva e baixa visibilidade en cadea de produción.

Os principios e valores que rexen a economia social fan que este tipo de entidades, principalmente as coope­rativas de traballadores poidan facer fronte a estes retos do sector en mellores condicións que as empresas tradicionais, pois dispoñen per se dos mecanismos para que a organización sexa máis democrática e axustada ás necesidades de todas as persoas traballadoras. Así mesmo, empodéraas e fainas co-responsables do seu traballo e da marcha da propia empresa.

A industria transformadora e as súas factorías poden ofrecer oportunidades para o desenvolvemento doutras iniciati­vas dentro da economía social. Estas poderían ser os centros especiais de emprego ou as empresas de inserción laboral. O practicamente baleiro actual en canto á existencia deste tipo de entidades no sector pesqueiro, fai que sexa interesante estudar a viabilidade e o impacto social positivo que poderían xerar.


COOMARPES é unha cooperativa arxentina fundada en 1950 que integra distintos elos da cadea de valor da pesca industrial. Dispón de máis de 80 embarcacións, realiza procesos industriais para elaborar produtos conxelados, fariñas e aceites que logo venden no mercado internacional. COOMARPES posibilita o desenvolvemento directo e indirecto de máis de 5000 famílias relacionadas co sector pesqueiro, e destaca a importancia do sistema cooperativo como ferramenta de crecemento e desenvolvemento.

Ligazón á web en capítulo 7.

Conservas Anaco Empresa De lnserción Laboral, S.L. é unha empresa galega de carácter social xurdida dunha iniciativa encamiñada á creación de emprego entre colectivos de mulleres en risco de exclusión. Constituíuse en 2012 como cooperativa, cambiando a empresa de inserción laboral en 2017. Como di unha das súas impulsoras "non é unha empresa benéfica, non queremos caridade. Queremos que se venda o produto, que sexa unha empresa autosuficiente. Non queremos que nos dean donativos, mellor que se compren as latas de conserva".

Ligazón á web en capítulo 7.


1.3. Comercialización e loxística

A cadea de valor da pesca industrial ofrece oportunidades para o establecemento de empresas da economía social en case todos os seus elos, desde a comercialización por xunto, como nas labores de distribución e transporte.


A Cooperativa de Almacenistas e Comisionados de Peixes do Mercado Central de Madrid (COMAPES), constituíuse en 1950. Está constituída por empresarios almacenis­tas de peixe con instalacións no Mercado Central de Peixes en Mercamadrid que comer­cializan toda a variedade de peixes e mariscos: fresco, conxelado, elaborado e gourmet. Os servizos de COMAPES van desde ofrecer aos seus cooperativistas servizos de xestión e coordinación das operacións loxísticas no mercado, ata dar soporte formativo sobre a lexislación vixente, sempre orientado ao desenvolvemento da industria das súas cooperativistas.

Ligazón á web en capítulo 7.

TRANSPECO, Cooperativa Coruñesa de Transporte de Peixe, opera desde a lonxa da Coruña, transportando peixe fresco a todo o territorio nacional e ao estranxeiro en caso de demanda por parte dos seus clientes. Consti­tuída en 1963, na actualidade conforman unha frota de aproximadamente 60 camións.

Ligazón á web en capítulo 7.

TRANSFRIO Sociedade Cooperativa Galega, naceu en Vigo en 1963 para dar servizos loxísticos á Lonxa de Vigo. Hoxe contan con máis de 250 camións, dúas naves refrixera­das dedicadas ao grupaje das mercadorías, e unha instalación para realizar cros-docking en Benavente.

Ligazón á web en capítulo 7.

1.4. Deseño de buques

Un dos retos identificados no "Informe para a promoción da Economía Social no sector da pesca industrial" é a necesidade de mellora das condicións de traballo a bordo dos barcos e espazos de habitabilidade dos buques. Isto únese aos retos indicados no desenvolvemento da actividade no mar, alto grao de interculturalidade, moi baixa presenza de mulleres e case nula de persoas con diversidade funcional.


Mellora das condicións de traballo a bordo

Habilidade dos buques

Alto grao de interculturalidade

Baixa presenza mulleres

Moi baixa presenza persoas con diversidade funcional


O deseño industrial centrouse tradicionalmente en cuestións funcionais, deixando a un lado ata fai non moito cuestións sociais ou ambientais (por exemplo, a fase de deseño tamén é crítica para fixarse en aspectos que poden ter unha gran importancia ambiental durante toda a vida operativa do buque, desde a eficiencia enerxética ata os espazos destinados a facilitar a xestión de resíduos a bordo). Neste sentido, o deseño dos novos buques (ou o reacondiciona­mento dos existentes), aparece como unha oportunidade para facer fronte dunha maneira integral aos retos sociais da pesca industrial. A fase de deseño é na que se poden mellorar tanto os aspectos ambientais como os relacionados coa ergonomía no posto de traballo, a habitabilidade, a integración cultural, así como as estruturas que poidan supoñer barreiras para o acceso a estes postos de traballo a colectivos que ata agora son minoritarios.

As entidades da economía social poñen ás persoas no centro, é dicir teñen interiorizados os valores que a definen e traballan diariamente resolvendo as barreiras dos colectivos que as forman. Empresas de inserción laboral, centros especiais de emprego, fundacións, etc. son actores que poden xogar un papel moi relevante como asesores durante o deseño e testeo de novas funcionalidades e mellora da habitabilidade dos buques.

Un espazo deseñado para un usuario "extremo" ou menos habitual é un espazo deseñado para calquera tipo de persoa traballadora.

Descubrindo as oportunidades

 Enfoque 2  A economia social para desenvolver e coidar ás persoas

Tal como se comentou anteriormente, a actividade pesqueira é unha actividade complexa, transversal e imprescindible, que conecta a persoas e medioambiente. É por iso, que se queremos explorar todas as oportunidades empresariais neste ámbito, debemos estudar as ramificacións da súa cadea de valor e os puntos de confluencia con outras actividades.

No "Informe para a promoción da economía social no sector da pesca industrial" sinálanse moitos dos retos do sector, principalmente nas actividades de pesca extractiva e de transformación do peixe, e pódese observar como hai unha gran cantidade deles que teñen relación coas persoas: dureza no emprego, conciliación laboral, diversidade cultural, igualda­de de xénero, substitución xeracional, dificultades para desenvolver unha formación continuada embarcados, etc.

Neste sentido, as entidades da economía social teñen moito que achegar ao sector ofrecendo servizos necesarios nas ramificacións da cadea de valor, poñendo ás persoas no centro, desde unha perspectiva diferente á actual.

Os valores da economía social fan que as súas entidades poidan dar resposta a estes retos, desenvolvendo programas e liñas de negocio dunha maneira moi coherente e consistente.


2.1. Resolver os retos da pesca industrial "desde dentro"

A existencia de entidades como Cooperativas ou Sociedades Laborais dentro do sector pesqueiro podería ser unha forma para tratar de resolver "desde dentro" aspectos relacionados con, por exemplo: a formación continuada e os estudos cando as persoas están embarcadas; a mellora nos coidados médicos e da saúde, sobre todo en persoas que actualmente traballan como autónomas; a actividade post profesional cando chega o momento da xubilación, ofrecendo actividades nas que as persoas poidan poñer o seu coñecemento e experiencia, se o desexan, ao servizo dos demais; alternativas de negocio cando existe unha incapacidade laboral, facilitando liñas de negocio diversifica­das que poidan desenvolver persoas do sector; o avance na igualdade de xénero, deseñando os procesos e mecanis­mos internos que axuden a superar as barreiras existentes.

Tamén é importante o papel que poden desempeñar as fundacións relacionadas co sector da pesca industrial, desenvolven­do, impulsando, ou difundindo boas prácticas que axuden a resolver dunha maneira inclusiva os retos existentes.

Tamén xeran novas oportunidades que poden ser aproveitadas facilmente polas entidades da economía social. Por exemplo, Porto de Celeiro e a Universidade Laboral de Culleredo, na que se imparte Formación Profesional Dual, subscribiron un acordo para que o alumnado realice parte da formación a bordo de pesqueiros que traba­llan no Gran Sol. Estos días de mar cotizarán ao Réxime Especial do Mar da Seguridade Social e servirán tamén como "canteira" de futuros profesionais no sector.Desta forma, trátase de impulsar a substitución xeracional. Unha iniciativa similar tamén se desenvolverá no curso 2019 / 2020 en Vigo grazas ao acordo alcanzado entre ARVI e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico

FUNDAMAR (Fundación para la Pesca y Marisqueo), é unha Fundación galega dentro do sector marítimo-pesqueiro que naceu en 2010 e que conta con represen­tación paritaria de empresarios e sindicatos nos seus órganos de goberno. A súa actividade está orientada ao desenvolvemento socioeconómico de todos os actores do sector, e canalízase a través de catro liñas de actuación: seguridade e saúde laboral; innovación social; promoción e formación; e sustentabilidade.


2.2. A pesca industrial como oportunidade para todas as persoas

Por outra banda, como se indicou no Enfoque 7, no apartado correspondente a "Pesca extractiva e transformación", a cadea de valor do sector da pesca industrial ofrece posibilidades para que entidades da economía social (empresas de inserción laboral, centros especiais de emprego, etc.) poidan desenvolver a súa actividade centrándose no empoderamento de persoas. Sinalouse anteriormente o exemplo de Anaco, unha Empresa de lnserción Laboral dedicada á elaboración de conservas.


DEFORSAMAR

Aínda que xa non existe, tamén se pode sinalar o exemplo de Deforsamar, un centro especial de emprego dirixido a persoas con enfermidade mental crónica que foi contra­tado en 2009 pola Confraría de Pescadores de Formentera para a confección e reparación de redes de pesca.


Existen retos importantes coas persoas, e polo tanto, existen oportunidades no sector para que entidades que xa forman parte da economía social noutros ámbitos, poidan explorar as posibilidades na Pesca Industrial. Ben sendo subcontratadas directamente por empresas da cadea de valor, ben ofrecendo servizos novos, ata agora inexistentes. Loxica­mente, estas oportunidades son extensibles ás novas iniciativas emprendedoras que poidan nacer.


Descubrindo as oportunidades

 Enfoque 3  A economía social como chave para solucionar retos globais e contribuír ao desenvolvemento sustentable

Os retos derivados do cambio climático, dos modelos de produción e consumo actuais, da globalización económica, os avances tecnolóxicos exponenciais, etc. ofrecen grandes oportunidades para o desenvolvemento de novas iniciati­vas empresariais. Ademais, hoxe máis que nunca, a Axenda 2030, adoptada pola comunidade internacional e reflectida nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), marca un camiño para a transformación repleto de oportunidades.



No "Informe para a promoción da economía social no sector da pesca industrial" identifícanse algúns destes retos globais que son propios do sector da pesca: a sobrexplotación dos recursos mariños, a pesca ilegal, o lixo mariño, a diminución de descartes, a mellora na detección de parasitas, as novas formas de consumo, etc. son retos que están a abordarse desde distintos ámbitos: Economía Circular, Economía Baixa en Carbono, Economía Colaborativa, Economía Azul.


Sobreexplotación dos recursos mariños

Pesca ilegal

Disminución dos descartes

Lixo mariño

Mellora na detención dos parasitos

Do mesmo xeito que no Enfoque 2, estes retos son oportunidades para o desenvolvemento de novos produtos ou servizos, formando parte, ou incorporando unha combinación de características, das economías sinaladas anteriormente. Son oportunidades que poden ser exploradas ben por entidades xa existentes, ou por iniciativas emprendedoras novas.



3.1. Diminución de descartes

De acordo con "O Estado Mundial da Pesca e a Acuicultura" publicado en 2018 pola FAO, "a perda e o desperdicio de alimentos para o sector pesqueiro no seu conxunto ascende ao 35% das capturas en todo o mundo, e dun 9% a un 15% destas perdas están relacionadas cos descartes de peixe en alta mar ...//... Con todo, obsérvanse perdas e desperdicio ao longo de toda a cadea de valor, desde a produción ata o consumidor".

Esta realidade en todas as fases da cadea implica efectos negativos de diversa consideración: perda de biodiversidade ao capturar especies non desexadas; desaproveitamento de recursos inicialmente aptos para o consumo que se traduce en perda de proteínas de alta calidade na cadea de alimentación; distribución pouco eficiente dun recurso limitado (exceso de oferta nalgúns lugares e carencia noutros) que profunda nos desequilíbrios sociais; e por suposto, implica unha menor rendibilidade económica para todos os actores da cadea de valor.


Perda de biodiversidade

Perda de proteínas de alta calidade

Incremento de desequilibrios sociales

Menor rendibilidade económica

A Política Pesqueira Comunitaria xa introduciu medidas para avanzar na diminución de descartes. Isto está a facer que empresas, asociacións, ou diversas entidades relacionadas co sector pesqueiro estean a desenvolver investigacións para desenvolver fórmulas que eviten desde capturas non desexadas, ata a valorización de subprodutos. Desta manei­ra, poden aparecer oportunidades noutras industrias: comida para animais, aditivos alimentarias, cosméticos, fárma­cos, fariñas ou aceites de peixe, etc.


Valoración de subproductos

Comida animais

Fármacos

Aditivos alimentarias

Cosméticos

Fariñas ou aceites de peixe


········Algúns exemplos de programas que están a desenvolverse:

Proxecto MENDES 2
 

Proxecto MENDES2, posto en marcha en 2019 por OPROMAR (Organización de Produ­tores de Pesca do Porto e Ría de Marín) xunto con OPPAO (Organización de Produtores de Pesca de Ondárroa) e AZTI (Instituto Tecno­lóxico Agroalimentario Vasco) co que se pretende estudar a selectividade en pesquei­ras de arrastre de fondo, para conseguir minimizar as capturas non desexadas dalgunhas especies.

Proxecto HOLOPLUS
 

O proxecto HOLOPLUS é a continuación do proxecto HOLOGAL, e busca facer crecer o sector do cogombro de mar de Galicia. A holoturia ou cogombro de mar é unha das capturas accidentais máis importantes da frota galega de arrastre de litoral e Gran Sol, unha especie moi apreciada no mercado Oriental polas súas propiedades saudables e que presenta múltiples aplicacións na industria alimentaria, farmacéutica, cosméti­ca, etc. Este proxecto desenvolveuse entre 2016 e 2018 e liderouno ARVI.

Proxecto ELIMET
 

Proxecto ELIMET, no que participa ANFACO -CECOPESCA (Asociación Nacional de Fabrican­tes de Conservas de Peixes e Mariscos - Centro Técnico de Conservación de Produtos da Pesca), un proxecto de investigación titulado "Desenvolvemento de tecnoloxías innovado­ras para a eliminación de metais pesados en resíduos xerados polo sector pesqueiro e a súa revalorización".


3.2. Lixo mariño

O lixo e contaminación dos océanos son unha preocupación crecente en todos os ámbitos que teñen relación co medio mariño. No informe publicado pola FAO en 2018 "O Estado Mundial da Pesca e a Acuicultura" faise referencia a dous tipos de contaminación dos océanos desde a perspectiva da pesca e acuicultura: os aparellos de pesca abandonados, perdidos ou descartados; e a contaminación por plásticos e microplásticos.

A existencia de plásticos e microplásticos causa unha gran preocupación polos efectos que ten na saúde dos ecosistemas mariños e polo feito de que os peixes forman parte da cadea de alimentación dos seres humanos. Estes materiais chegan aos océanos tanto desde o medio terrestre como desde o propio medio mariño (pola degradación de desfeitos que os conforman).


Efectos na saúde dos ecosistemas mariños

Forman parte da nosa cadea de alimentación


Unha iniciativa que fai fronte a este reto e que se encadra dentro da Economía Circular, é a reciclaxe e valorización dos plásticos recollidos durante a pesca e a súa transformación en materiais que poidan servir de materia prima para a fabricación de novos produtos.


Proxecto OCEANETS

É un proxecto cuxo obxectivo é previr a perda, recuperar, reutilizar e reciclar aparellos de pesca para obter produtos de valor engadido para a industria téxtil. Naceu en 2019 e participan entidades como ARVI, AIMPLAS, Universidade de Vigo ou Ecoalf.

http://oceanets.eu/

3.3. Outras oportunidades

A cadea de valor da pesca industrial ofrece unha gran cantidade de oportunidades (moi variadas) para desenvolver iniciativas que contribúan á mellora da sustentabilidade do sistema. Practicamente calquera actividade é susceptible de ser pensada desde un punto de vista máis sustentable.

Pódense implantar accións de Economía Baixa en Carbono en practicamente calquera elo da cadea de valor da pesca industrial.

Desde o deseño máis eficiente de buques ou da maneira de navegar para que diminúan o consumo de combustibles; pasando polo incremento na utilización de enerxías renovables nas plantas de transformación; ata iniciativas máis complexas como a simbiose industrial nas factorías.


Proxecto de
eficiencia energética

ARVI liderou unha investigación en 2010 para diminuir o consumo de combustibles fósiles dependendo da maneira de navegar.

http://www.arvi.org/1-6-investigacion-industrial-para-la-optimizacion-de-la-eficiencia-energetica-en-la-flota-pesquera-arrastre-del-atlantico-sudoccidental-arrastre-de-mauritania-y-palangre-de-superficie-del-oceano-atl/

Sexa como fora, calquera mellora na diminución de combustibles fósiles, ademais dun incremento do beneficio econó­mico, supón unha diminución das emisións de C02.

O turismo de experiencias está a desenvolverse moito nos últimos anos. Isto abre oportunidades para explorar un sector como o pesqueiro, moi descoñecido para gran parte da poboación (especialmente de interior).

Posto que a actividade se leva a cabo en espazos industrializados, e que ademais se pode regular o tránsito de persoas visitantes, pódese converter nunha actividade económica sustentable.


Vigo Pesqueiro
Proxecto Turismo
Sustentable

Proxecto posto en marcha por FUNDAMAR no 2016 para impulsar o coñecemento do patrimo­nio marítimo pesqueiro dentro do programa Vigo Pesqueiro.

https://vigopesqueiro.com/


Polos seus princípios e valores, as entidades da economía social están en moi boa disposición para ser a base da construción de solucións que fagan fronte aos retos do sector. Incorporan per se valores humanistas que facilitan que as solucións que desenvolvan poidan ser eficaces na resolución dos problemas dunha maneira integral, tendo en conta a persoas, planeta e beneficio económico.


Resumo de recursos

· Lexislación

· Estratexias Administracións Públicas

· Agrupacións de entidades da Economia Social

· Centros de Estudo e Observatorios

· Informes que aparecen no documento

· Entidades da Economia Social que aparecen no documento

· Proxectos que aparecen no documento

· Recursos Xunta




Índice