FIT 4 BLUE

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN
post-de-imagen-facebook

FUNDAMAR participa no consorcio do  proxecto FIT4 BLUE –  Fishing  Tourism  for  Blue  Economy, liderado por Petra  Patrimonia de Córcega, e no que participan  socios de Francia, España, Italia e Grecia, e ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor no ámbito da pesca e a acuicultura, así como mellorar a participación dos mozos e mozas na Economía Azul a través do turismo pesqueiro.

A lexislación non uniforme entre países e practicamente ausente a nivel europeo, as diferenzas en canto a actividades permitidas no marco do turismo pesqueiro, a falta de datos estatísticos oficiais, a ausencia de programas de formación oficiais e as dificultades burocráticas, organizativas e lexislativas que subxacen en todos os países, son algunhas das cuestións que dificultaron o desenvolvemento do primeiro estudo comparativo resultado do proxecto, e que demostran a necesidade de crear un programa de formación común, de alcance europeo, que conteña as peculiaridades dos catro países analizados e que, ao mesmo tempo, promocione a diversificación do sector baixo os mesmos parámetros.

FIT4BLUE desenvolverá dous programas de formación estandarizados, un dirixido a  formadores e outro dirixido a profesionais do sector, que serán  testados para a súa difusión e poñer ao dispor das partes interesadas.

captura-de-pantalla-2021-02-22-a-las-12.38.32
Recent Posts