FUNDAMAR celebrou a “Semana VigoMIGRANTE” no marco da celebración do Día Mundial das persoas Refuxiadas

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

FUNDAMAR, a través do seu programa Vigo Pesqueiro, co apoio do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación, celebrou a “Semana Vigo Migrante”, en colaboración coa ONG Accem, no marco da celebración do Día Mundial das persoas Refuxiadas que se celebrou o 20 de xuño, co obxectivo de mellorar o coñecemento e sensibilizar sobre a realidade da poboación migrante máis vulnerable na contorna da cidade de Vigo.

A través das diferentes actividades realizadas, entre as que se incluíron varios percorridos guiados, a visita ao estaleiro Cardama, a visita a un viveiro de mariscos, unha campaña de promoción en redes e a lectura do manifesto da persoa refuxiada, deuse a coñecer a historia de Vigo e o seu porto, como protagonistas indiscutibles dunha época,  na cal, a bordo de grandes buques, partían persoas e familias enteiras que, por distintos motivos, migraban cara a América en busca dun futuro mellor; e a que hoxe en día é cidade de acollida para persoas de diferentes nacionalidades que ven obrigadas a buscar un novo presente e construír futuro mellor, e na que en certo xeito o mar uniunos, hoxe por atopar oportunidades de emprego neste sector.

No seu conxunto a “Semana VigoMIGRANTE” apelou, por unha banda, á nosa memoria colectiva estreitamente relacionada co movemento poboacional, e, doutra banda, traslada á cidadanía a cuestión migratoria e o dereito á protección internacional desde un enfoque de defensa dos Dereitos Humanos.

FUNDAMAR elaborou o seguinte INFORME FINAL DE RESULTADOS, contemplando todas as actividades desenvolvidas e resultado das mesmas.

Recent Posts