ACCIÓNS DE INFORMACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOBRE LOCALIZACIÓN, USO E MANTEMENTO DE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO A BORDO DOS BUQUES PESQUEIROS DE GALICIA.

 In SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

A Fundación para la pesca y el marisqueo (FUNDAMAR) no seu compromiso por mellorar a seguridade marítima no sector pesqueiro, e despois de desenvolver durante os últimos anos, diversas campañas de concienciación e sensibilización relacionadas coa prevención de riscos laborais no sector pesqueiro, pon en marcha, durante 2019, e coa colaboración da Xunta de Galicia, unha campaña de “ACCIÓNS  DE INFORMACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOBRE LOCALIZACIÓN, USO E  MANTEMENTO DE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO  A BORDO DOS BUQUES  PESQUEIROS DE GALICIA”.

O obxectivo principal é seguir potenciando a cultura preventiva no sector pesqueiro galego e promover a concienciación de armadores e tripulacións sobre a importancia de coñecer as características dos dispositivos de salvamento en canto á súa localización, uso e mantemento, coa finalidade de que, en caso de emerxencia, a resposta sexa rápida e acorde ás esixencias en materia de prevención.

Tendo en conta a normativa vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais, a Campaña exponse  como un mecanismo de autoavaliación de armadores e tripulacións respecto a o seu coñecemento persoal dos dispositivos de salvamento, valorando  a súa correcta localización e uso, así como o seu estado e mantemento.

Durante a campaña se levarán a cabo 20 accións de información a bordo de buques de pesca, nas que se fará entrega ás tripulacións dunha ficha informativa e de autoavaliación respecto aos dispositivos de salvamento (aros salvavidas, chalecos salvavidas e sinais visuais).

FUNDAMAR, composta de maneira paritaria pola patronal,  ARVI, e os sindicatos UGT e CCOO, aposta de maneira decidida pola mellora da seguridade a bordo, como factor crave para a competitividade do sector pesqueiro galego, referente a nivel mundial en materia preventiva.

Recent Posts