ACCIÓNS DE INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN PARA A PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS NO SECTOR PESQUEIRO DE GALICIA

 In SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Fundación para a pesca y marisqueo ( FUNDAMAR) no seu compromiso por mellorar a seguridade marítima no sector pesqueiro, puxo en marcha, coa cofinanciación da Xunta de Galicia, unha serie de accións de información e sensibilización para a prevención de riscos psicosociais no sector pesqueiro de Galicia, co fin de seguir potenciando a cultura preventiva no sector e fomentar a concienciación de armadores e tripulacións sobre a importancia dunha boa xestión dos riscos psicosociais no sector pesqueiro.

A exposición a factores de risco psicosocial, xunto con outras situacións de risco como as condicións ambientais (iluminación, temperatura, ruído, etc.) e as condicións de seguridade, poden afectar directamente á habilidade e destreza da tripulación para realizar as tarefas a bordo, provocando, nalgúns casos, erros humanos e accidentes, influíndo directamente na sinistralidade laboral do sector pesqueiro.

Realizaranse 12 accións de información e sensibilización a bordo de buques de pesca durante os meses de setembro e outubro, e trasladarase a tripulantes e empresas armadoras as vantaxes dunha boa xestión dos riscos psicosociais, fomentando mellorar a calidade laboral e a produtividade do sector, procurando a redución dos accidentes de traballo e as baixas por enfermidade causadas polos devanditos riscos.

 

Con esta campaña FUNDAMAR, composta de maneira paritaria pola patronal, ARVI, e os sindicatos UGT e CCOO, aposta de maneira decidida pola mellora da seguridade a bordo, como factor crave para a competitividade do sector pesqueiro galego, referente a nivel mundial en materia preventiva.

Díptico PRL 2018

Recent Posts