Desde 2017 FUNDAMAR asume a representación de Blue Fish España como delegación nacional de Blue Fish Europa.

A actividade de FUNDAMAR – Blue Fish España virá rexida por un marco regulador onde se poderán establecer relacións de colaboración con outros actores do sector pesqueiro e co obxectivo de poñer en marcha todo tipo de proxectos, acción e estudos para a promoción da pesca sustentable:

  • Compartir os coñecementos científicos, técnicos e económicos relativos á pesca sustentable e responsable e ás empresas do sector pesqueiro e naval
  • Promover as boas prácticas, actividades e proxectos exemplares
  • Dirixir ou participar en actividades de comunicación
  • Desenvolver ferramentas para informar os dirixentes nacionais e europeos e participar na elaboración das políticas comunitarias en materia de pesca.
  • Dotarse da capacidade de actuar en todos os ámbitos relacionados directa ou indirectamente coa pesca, sexan iniciativas nacionais ou internacionais.

Para máis información: www.bluefisheurope.org