CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO E RESCATE NOS BUQUES PESQUEIROS DE GALICIA

 In SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Fundación para la pesca y marisqueo (FUNDAMAR) no seu compromiso por mellorar a seguridade marítima no sector pesqueiro, e despois de desenvolver en 2016 a “Campaña de divulgación e sensibilización de boas prácticas sobre emerxencias marítimas non sector pesqueiro de Galicia”, pon en marcha, coa colaboración da Xunta de Galicia, unha “Campaña de sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia”, co fin de seguir potenciando a cultura preventiva no sector pesqueiro galego e fomentar a concienciación de armadores e tripulacións sobre amportancia das perfectas condicións de uso dos dispositivos de salvamento e supervivencia.

Tendo en conta a normativa vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais, a Campaña exponse como un mecanismo de mellora e revisión da situación das embarcacións galegas en canto aos dispositivos de salvamento e rescate.

A campaña dará comezo no mes de setembro, e estará dirixida a institucións públicas, armadores, tripulantes, empresas e entidades representativas do sector pesqueiro.

Durante a campaña se levarán a cabo máis de 20 accións de sensibilización a bordo de buques de pesca, co obxectivo de sensibilizar ás tripulacións e armadores en realizar as revisións e inspeccións sobre os dispositivos de salvamento e rescate, indispensables en caso de emerxencia. Durante as sesións farase entrega ás tripulacións dunha ficha informativa e unha lista de recoñecemento á vez que se difundirá o Manual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) “LEMBRA: prevención de rochas na pesca”, como documento de referencia en Prevención de Riscos no sector pesqueiro.

Con esta campaña FUNDAMAR, composta de maneira paritaria pola patronal, ARVI, e os sindicatos UGT e CCOO, aposta de maneira decidida pola mellora da seguridade a bordo, como factor crave para a competitividade do sector pesqueiro galego, referente a nivel mundial en materia preventiva.

Recommended Posts