CONCLUSIÓNS WORKSHOPS PROXECTO REDMAR III

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO, EMPREGO

No marco do proxecto REDMAR III organizáronse tres workshops en materia de medio ambiente, seguridade e igualdade, e xa están dispoñibles as súas conclusións

O 29 de outubro, e o 4 e 5 de novembro celebráronse, nas instalacións da OPPC-3 e a través da ferramenta online Microsoft Teams os tres workshops relacionados co medio ambiente, a igualdade e a seguridade no sector pesqueiro, no marco do proxecto REDMAR III, desenvolto por FUNDAMAR, a OPPC-3 e Fundación Mujeres, co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Programa pleamar do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca.

No mesmo, contouse coa colaboración e presenza de diferentes responsables de proxectos e/ou departamentos de entidades relacionados coas diferentes temáticas tratadas. Así, no primeiro workshop contouse coa presenza de Rubén Rodríguez da Asociación Vertidos Cero, que falou principalmente dos proxectos desenvolvidos actualmente neste ámbito, con Juan Pablo Gómez e Patricio Peñalver do proxecto Mares Circulares, comentando as diferentes casuísticas derivadas da tipoloxía das frotas e as características dos portos onde se desenvolven estes proxectos.

No segundo workshop contouse coa colaboración e presenza de Engracia Trillo, directora do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, e con María Hervada, técnica de Fundación Mujeres, para tratar as diferentes estratexias en materia de igualdade de oportunidades que se están desenvolvendo a nivel educativo e a nivel empresarial.

Finalmente, pechando o ciclo de xornadas previstas, no terceiro workshop contouse coa colaboración e presenza de Ramón Sancho, de COAPRE, abordando a perspectiva de xénero na xestión dos riscos e exemplos de boas prácticas en materia de xestión da PRL, con Begoña Marugán, membro da Secretaría das mulleres de FSC-CCOO que tratou de identificar aquelas medidas xa realizadas noutros sectores, e a necesidade de abordar a perspectiva de xénero como algo esencial e María Caldeiro de FUNDAMAR, que presentou as primeiras conclusións do estudo que están a realizar en materia de xestión da prevención de riscos laborais a bordo con enfoque de xénero.

As conclusións dos tres workshops están dispoñibles na páxina web do proxecto:

Máis información: www.redmar.es 

Recent Posts