CONFERENCIA FINAL PROXECTO RECALADAS NO CAMIÑO

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

O vindeiro mércores 29 de setembro terá lugar a Conferencia Final do proxecto RECALADAS NO CAMIÑO, desenvolvido por  FUNDAMAR  co apoio do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e que tivo por obxectivo deseñar a primeira senda de patrimonio industrial marítimo pesqueiro, aproveitando o marco de oportunidades que ofrece o  Camiño de Santiago polo litoral.

Durante a Conferencia final, ademais de que cada un dos equipos que participaron no traballo de campo da #expediciónrecaladas presentarán as súas propostas de roteiro, que permanecerán expostas nunha das salas do Museo do Mar de Galicia durante 3 semanas, terá lugar unha mesa redonda sobre as  potencialidade do patrimonio marítimo pesqueiro.

Se desexa asistir á Conferencia Online inscríbase a través da seguinte LIGAZÓN.

Para máis información pode contactar con nos a través do email fundamar@fundamar.org

DESCARGAR PROGRAMA

 

Recommended Posts