DAN COMEZO AS ACCIÓNS A BORDO E A PÉ DE BUQUE DA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO E RESCATE NOS BUQUES PESQUEIROS DE GALICIA

 In SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Como parte da “Campaña de sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia”, posta en marcha por FUNDAMAR, co apoio da Xunta de Galicia, dan comezo as accións de sensibilización e concienciación a bordo e a pé de buque.

Durante estas accións, faise entrega ás tripulacións e armadores da documentación propia da campaña (ficha informativa, lista de recoñecemento  e  Manual do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)  “LEMBRA: prevención de rochas na pesca” ) e realízase “in situ” unha revisión dos dispositivos de emerxencia e salvamento, o que permitirá coñecer as condicións reais dos mesmos e realizar un Informe de Conclusións que será presentado oficialmente no mes de outubro nunha xornada pública.

Recommended Posts