O Porto retira 20 toneladas de residuos en Bouzas

 In esopesgal
Troncos e restos de aparellos foron os obxectos máis recuperados, enviándose á súa análise para poder ser reciclados por parte de Inditex.
A Autoridade Portuaria de Vigo aposta por limpar os fondos da Ría e tras a recuperación de preto de 19 toneladas de residuos hai un mes nas profundidades das dársenas da Laxe e As Avenidas, onte culminaron os traballos no peirao de reparacións de Bouzas. Despois de tres días, na vila mariñeira retiráronse máis de 20 toneladas de lixo, principalmente troncos e restos de aparellos de buques.
O Porto de Vigo, en colaboración con outras entidades como o Cetmar, impulsa este proxecto –baixo o nome ML- Style– enmarcada nas iniciativas desenvolvidas para favorecer a Economía Azul. “Queremos xerar un cambio de conciencia, poñendo en valor a limpeza dos fondos mariños para a mellora da sustentabilidade”, afirmou Carlos Botana, responsable do proxecto no Porto de Vigo.
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/puerto-retira-20-toneladas-residuos-bouzas/20200717001533785372.html
Recent Posts