ESOPES F.P. Programa de promoción da economía social, o autoemprego e a cultura emprendedora no ámbito do sector pesqueiro para centros de F.P.

 In EMPREGO, esopesgal, FORMACIÓN E PROMOCIÓN

FUNDAMAR desenvolve, durante 2022, o programa de promoción da economía social, o autoemprego e a cultura emprendedora no ámbito do sector pesqueiro para centros de F.P.- ESOPES F.P. cuxo obxectivo principal é coñecer, apoiar, promover e difundir o desenvolvemento de prácticas responsables no ámbito educativo da Formación Profesional, baseadas nos valores da Economía Social, como estratexia de competitividade para o sector pesqueiro e da transformación da formación cara a unha sociedade e unha economía máis produtiva, sostible e integradora.

As actividades desenvolvidas proporcionarán ao alumnado e ao profesorado fórmulas emprendedoras de Economía Social dunha maneira práctica, facilitando ferramentas, información e datos para enfocar os seus propios proxectos de emprendemento fundamentados nos valores e principios da Economía Social en base aos retos actuais do sector pesqueiro.

Como obxectivos específicos establécense os seguintes:

O1. Fomentar a Economía Social entre o alumnado e profesorado, incluíndo transversalmente os valores e principios da Economía Social nas actividades formativas e nos programas orientados á creación de emprego e ao emprendemento das persoas mozas, e sensibilizar sobre a importancia de que todos os axentes e a cidadanía contribúan a xerar emprego de calidade, en especial dos mozos con dificultades de inserción, fixar poboación, respectar o medio ambiente e cambiar os procesos de produción, distribución, consumo e aforro.

O2. Aplicar e promover directrices e boas prácticas presentes na Economía Social en todo tipo de entidades do sector pesqueiro e educativo, independentemente da súa forma xurídica.

O3. Xerar redes de apoio e servizos comúns entre  as persoas traballadoras, futuros profesionais, e as entidades de Economía Social  optimizando os recursos existentes, desenvolvendo un programa innovador de colaboración e cooperación entre entidades do sector produtivo e o sector educativo reforzando o tecido produtivo a nivel nacional, mellorando a competitividade das entidades de Economía Social.

O4. Facilitar o establecemento, mantemento e mellora da estrutura de RSE en organizacións que contribúan ao desenvolvemento sostible, promovendo a implementación dos valores da Economía Social e os ODS da Axenda 2030.

O5. Fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, impulsando a diversidade nas plantillas, promovendo a presenza da muller nun sector no que tradicionalmente estivo subrepresentada.

Se desexas participar co teu centro educativo, ponte en contacto con proyectos@fundamar.org

Recent Posts