EXPOSICIÓN VIRTUAL O MAR NO CAMIÑO

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

FUNDAMAR presenta oficialmente a exposición virtual da primeira edición do proxecto “O Mar no Camiño”, na páxina web www.omarnocamino.org.

A exposición, integrada polas dez obras colaborativas realizadas no marco do proxecto, en centros educativos de Educación Primaria de localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago Portugués (Nigrán, Vigo, Redondela, Barro, Santiago de Compostela…), conta coa colaboración da recoñecida educadora social e artesá, Palmira Castro Marcote “Mimadriña”.

As restrición e peche dos museos, fixeron que a Exposición itinerante, prevista no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, en no Museo Pedagóxico de Santiago de Compostela, tivera que mudar ofrecendo a posibilidade de percorrer virtualmente as obras elaboradas polos máis de 300 nenos e nenas que participaron nas actividades, e que representan as escenas principais do relato narrado en cada un dos obradoiros.

Como información de interese, engadir que na páxina web están dispoñibles as guías didácticas e vídeos explicativos de cada unha das sesións realizadas, coa posibilidade de replicar o proxecto noutros centros educativos, e nos fogares neste período de confinamento no que sempre veñen ben novas actividades didácticas e artesanais.

Na páxina web poderán descargar o conto, peza central do proxecto, identificar as escenas no mapa virtual, descargar as guías didácticas e, incluso, realizar un xogo de preguntas sobre as aventuras das súas personaxes: Migueliña a vieira, Antón a nécora, Laura a xarda e Roberto o polbo.

 

 

Recent Posts