A Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) intégrana a patronal, Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, ARVI e os sindicatos UGT (Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo, UGT Galicia-FeSMC UGT) e CCOO (Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras, FSC-CCOO de Galicia), que conforman a maioría da representación no ámbito social e económico da pesca marítima e o marisqueo na Comunidade Autónoma de Galicia.
FUNDAMAR é a primeira organización do sector marítimo-pesqueiro que conta con representación paritaria de empresarios e sindicatos nos seus órganos de goberno e control, e está aberta á futura integración de actores socioeconómicos que acheguen iniciativas ao desenvolvemento sustentable do sector.
E calquera outra actividade acorde cos seus fins fundacionais.
A Fundación para a Pesca e Marisqueo-FUNDAMAR —clasificada de interese laboral pola Orde do 4 de outubro de 2010 (DOG nº 4 de 22/10/2010), declarada de interese galego pola Resolución do 15 de decembro de 2010 (DOG nº 249 de 29/12/2010) e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2010/13— nace cun marcado carácter laboral e co propósito de crear, impulsar, dirixir ou participar en proxectos ou actuacións que teñan como finalidade mellorar as condicións sociais e de produtividade de empresarios e traballadores relacionados coa pesca e o marisqueo ou dependentes deles.
Os patróns da Fundación son:
Estes patróns, como persoas xurídicas, designarán as persoas físicas que os representen, e denominaranse membros do Padroado:
VOCALES :
FUNDAMAR é unha fundación privada sen ánimo de lucro e atópase acollida ao réxime fiscal da Lei de mecenado (Lei 49/2002, do 23 de decembro). En cumprimento da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, pon a disposición dos cidadáns e cidadás a seguinte información.