FUNDAMAR ADAPTA “OS TESOUROS DO MAR NA RÍA DE VIGO” AO BRAILLE E Á LINGUA DE SIGNOS

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

Co apoio da Deputación de Pontevedra, FUNDAMAR, durante o ano 2021, elaborou e adaptou a publicación “OS TESOUROS DO MAR NA RÍA DE VIGO” en formato braille e en lingua de signos, para a difusión dos principais fitos históricos no desenvolvemento industrial do sector en torno á Ría de Vigo, e a súa pegada na paisaxe cultural de interese arqueolóxico, industrial e aquitectónico na configuración do entorno ata a actualidade; coa finalidade de que poidan servir como material de apoio nas actividades da entidade e noutras actividades educativas e culturais para as persoas con discapacidade visual e auditiva.

Na evolución da entidade, detectáronse necesidades específicas de adaptación das actividades realizadas para persoas con diversidade funcional; adaptacións que fóronse realizando e personalizando dependendo das persoas destinatarias. Este material súmase a todas as adaptacións que se realizan coa intención de promover a inclusión en todas as actividades realizadas pola fundación.

O material en  braille está dispoñible en  FUNDAMAR para a súa difusión, ao dispor daquelas persoas ou entidades que queiran adquirilo; e o vídeo adaptado á lingua de signos atópase dispoñible na seguinte LIGAZÓN.

 

Recent Posts