FUNDAMAR e a Confraría de Pescadores de Vigo, poñen en marcha o proxecto ESO/PES CONTA

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO, esopesgal, SUSTENTABILIDADE

FUNDAMAR e a Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, no seu compromiso coa economía social, poñen en marcha o proxecto ESO/PES CONTA, co obxectivo de desenvolver un modelo de contabilidade social para entidades do sector pesqueiro.

A Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- e a Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, desenvolverán durante o 2020 e 2021 un PLAN  ESTRATÉXICO  PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

O obxectivo é visibilizar, xestionar e monetizar o valor social xerado polas organizacións do sector pesqueiro e poder establecer un modelo de contabilidade social transferible, neste caso replicable para ao resto de Confrarías de Galicia, xa que desde o punto de vista contable e financeiro, é fácil coñecer o rendemento económico dunha organización analizando os seus estados financeiros, pero hai aspectos que xeran valor para a sociedade e que non están incluídos nestes saldos como é o valor social; un valor que se pode medir e que vai máis alá do valor de mercado.

Con esta iniciativa preténdese tamén reforzar as actividades de difusión da economía social para sensibilizar sobre a importancia de que todos os axentes e a cidadanía contribúan a xerar emprego de calidade, fixar poboación, respectar ao medio e cambiar os procesos de produción, distribución, consumo e aforro das empresas e entidades do sector pesqueiro e marisqueiro.

Recent Posts