FUNDAMAR e FUNPROMAR presentan o portal SEREAS

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO

O portal SEREAS www.sereasdomar.org é un proxecto divulgativo para descubrir, transmitir e valorizar o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro.

FUNDAMAR e FUNPROMAR crearon en 2017 a marca SEREAS, como un proxecto divulgativo ao servizo da visibilización do papel da muller dentro do sector extractivo e transformador dos produtos do mar. Ambas as fundacións representan ao conxunto das ocupacións do mar, cuxas protagonistas son parte esencial do patrimonio inmaterial do sector.

O Ministerio de Cultura e Deporte, a través da convocatoria de axudas para proxectos de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, apoiou a iniciativa de desenvolver o portal dixital de SEREAS para a súa difusión e dinamización.

O obxectivo é, difundir e valorar os testemuños das mulleres traballadoras do sector mar-industria, así como preservar as súas historias, contribuír e proporcionar fontes sólidas de información para configurar a historia esquecida, compoñendo personaxes para recuperar a memoria do traballo feminino desde o pasado ata a actualidade.

O portal SEREAS pódese consultar na dirección web www.sereasdomar.org.

 

Recent Posts