FUNDAMAR, no seu compromiso social coa pesca asume un novo reto. e eso/pes

 In EMPREGO, FORMACIÓN E PROMOCIÓN

 A Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- pon en marcha a “Estratexia para a promoción da economía social no eido da pesca industrial”, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

Esta nova iniciativa de FUNDAMAR ten como obxectivo a promoción, impulso e motivación de nichos de emprego dentro da economía social no eido da pesca industrial.

FUNDAMAR, nesta primeira parte da estratexia,  atópase elaborando un “Estudo da economía social no sector da pesca industrial” coa colaboración de diversos expertos e expertas que dende distintos ámbitos, tanto públicos como privados, aportarán a súas perspectivas tanto da economía social como do novos retos aos que se enfronta o sector pesqueiro.

Con esta iniciativa FUNDAMAR creará, en 2019, un Observatorio onde se recompilen as iniciativas e experiencias de economía social no sector pesqueiro, así como unha Guía de oportunidades para a creación de iniciativas de negocio baixo o modelo de economía social no eido da pesca industrial.

 

 

Recent Posts