FUNDAMAR PUBLICA O PRIMEIRO INFORME DO PROXECTO SENSIMAR COA COLABORACIÓN DO SECTOR PROFESIONAL DA RÍA DE VIGO

 In FUNDAMAR NOS MEDIOS, SUSTENTABILIDADE

Durante 2020, FUNDAMAR,  co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco do Programa pleamar do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca, desenvolve o proxecto Sensibilización ambiental de zonas marisqueiras – SENSIMAR, cuxo obxectivo é concienciar, tanto ao sector como á sociedade en xeral, sobre a importancia da sustentabilidade ambiental, a protección e conservación dos recursos biolóxicos das áreas protexidas e a recuperación da biodiversidade mariña.

Na primeira parte do proxecto, estudáronse en detalle os espazos marisqueiros da Ría de Vigo, incidindo nas áreas de especial protección incluídas na REDE NATURA 2000, na importancia da coxestión dos bancos marisqueiros para que estes proporcionen así mesmo recursos de forma sostible, e en como as accións en terra e no mar por parte do ser humano poden ter grandes repercusións na perda de biodiversidade mariña e na sustentabilidade da actividade marisqueira.

O informe, dispoñible na nosa páxina web, www.fundamar.org,  pon de manifesto que a defensa dunha boa xestión marisqueira irá da man dun bo estado do ecosistema de Ría e, por tanto, do coidado do espazo do que depende a súa actividade, delimitando e respectando os usos na zona, o que permitirá a coexistencia real das diferentes actividades e a mellora do estado ambiental do ecosistema.

INFORME SENSIMAR

 

Recommended Posts