FUNDAMAR REINVIDICA A FORZA FEMININA DO MAR POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A Fundación para la Pesca y el Marisqueo — FUNDAMAR, con motivo do Día Internacional da Muller, presentou este luns, 7 de marzo de 2022, o mural “a forza feminina do mar” no marco do programa #fiandoredes da Deputación Pontevedra.
O acto, celebrado na recentemente estreada Nave de Reder@s de Vigo (que proximamente será inaugurada de maneira oficial), contou coa participación da presidenta provincial Carmela Silva, a deputada provincial de Turismo Ana Laura Iglesias e Javier Touza, presidente de FUNDAMAR. Tamén houbo representantes do Instituto Marítimo-Pesqueiro de Vigo, da Axencia Europea de Control da Pesca e de UGT e CCOO –membros do padroado de FUNDAMAR–.
O mural, realizado pola artista Lara Torres, mostra a dúas mulleres suxeitando un barco como base esencial do esforzo feminino dentro da comunidade pesqueira e mostra do patrimonio inmaterial, esencial para a comprensión do que é o sector actualmente.