FUNDAMAR Y FUNPROMAR PRESENTAN O PORTAL SEREAS

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO, FUNDAMAR NOS MEDIOS

Fundación para la Pesca y Marisqueo —FUNDAMAR e a Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar —FUNPROMAR presentan, nun acto con límite de aforo, as VI Xornadas divulgación sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro.

O consorcio conformado pola Fundación para la Pesca y Marisqueo —FUNDAMAR e a Fundación Clúster de Conservación de Productos del Mar —FUNPROMAR realizan un ano máis as Xornadas divulgación sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Neste 2020, o obxectivo da xornada, que celebran a VI edición, será presentar, nun acto con aforo reducido, o Portal SEREAS, ferramenta principal de difusión da marca creada no 2017 por ambas entidades, como proxecto divulgativo ao servizo da visibilización do papel da muller dentro do sector extractivo e transformador de produtos do mar.

Para elo, durante a xornada, que terá lugar o vindeiro 20 de outubro na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, presentaranse ademais as dúas seguintes “fichas”  que formarán parte do portal e que terán como protagonistas ás mulleres traballadoras da colla e clasificación do Berbés e a directora de fabricación de Friscos, Araceli Rodríguez, como tesouros vivos do noso patrimonio inmaterial.

O portal SEREAS pódese consultar no seguinte enderezo web www.sereasdomar.org

Recent Posts