IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO
8 de novembro, 18:00 h
Antigo Reitorado da Universidade de Vigo
Rúa Oporto, 1
O consorcio formado pola Fundación Cluster de Conservación de Productos del Mar e a Fundación para la Pesca y Marisqueo – FUNDAMAR, presentan, o vindeiro xoves 8 de novembro, a partir das 18:30 h, as IV Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro: Mulleres de Cine.
O obxectivo principal das Xornadas é destacar o papel estratéxico da muller no sector extractivo e transformador dos produtos do mar, recoñecer o seu esforzo como alicerce fundamental da comunidade pesqueira e conserveira.
Nesta ocasión darase protagonismo ás mulleres do mar no cinema, tanto documental como de ficción no que será presentado o vídeo #puntadainvisible producido por FUNDAMAR e recentemente galardoado co primeiro premio da “ International Association for Women in the Seafood Industry”.
Os convidados e convidadas da mesa redonda serán: Xisela Franco como moderadora que introducirá o seu documental poético A última batea, recreando imaxes sobre a última batea de ostra da Ría de Vigo da man da súa propietaria; o cineasta Álvaro Gago Díaz, autor de Matria, a curtametraxe multipremiado e galardoado no mítico Festival de Sundance, cuxa protagonista traballa na fábrica Daporta (Cambados) de conservas de peixe e marisco, Alejandro Daporta, xerente de conservas Daporta e Cruz Piñón, que presentará o proxecto audiovisual Teño unha horta en San Sadurniño, que inclúe o documental realizado polas antigas traballadoras da Conserveira O Cisne, Historia do cisne, ou atún e a troita.

Recommended Posts