A misión principal de FUNDAMAR é xuntar esforzos e recursos, e plasmar na práctica as inquietudes, ideas e proxectos que circulan no mundo socioeconómico dos sectores da pesca e o marisqueo. Levamos a cabo o noso traballo ao redor de catro liñas de actuación:

icono_01-_b
icono_02
icono_03_b
icono_04
icono_01a

SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Desenvolvemos estudos, proxectos, accións e campañas de sensibilización no ámbito da seguridade e saúde laboral.

Área de seguridade marítima e prevención de riscos laborais:

– “Análise da aplicación da actividade preventiva no sector da pesca en Galicia: proposta de intervención”.

– Xornada Técnica. “A cultura preventiva como factor clave de competitividade no sector da pesca en Galicia”.

– “Guía de boas prácticas ergonómicas para o sector pesqueiro en Galicia”.

– Campaña de Sensibilización. “A Mellor Rede: a túa seguridade”.

– “Guía de boas prácticas ergonómicas na arte de arrastre para o sector pesqueiro de Galicia”.

– “Estudo de identificación dos riscos psicosociais no sector da pesca de altura e gran altura en Galicia. Información básica para o seu tratamento”.

– “Guía técnica de boas prácticas hixiénicas dirixidas á actividade da pesca industrial (pesca de altura e gran altura)”.

– “Guía de boas prácticas sobre emerxencias marítimas para o sector pesqueiro de Galicia”.

– Campaña de sensibilización e divulgación sobre emerxencias marítimas “A prevención, o mellor salvavidas”.

– Campaña de sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia.

BENESTAR E XÉNERO

Proxectos que inciden de maneira positiva na mellora da calidade de vida e o recoñecemento das persoas vinculadas co sector.

Área de benestar social e igualdade de oportunidades entre homes e mulleres:

– Proxecto REDMAR

– Proxecto RAPE (Revalorización das Actividades femininas na Pesca).

– Taller: “Mulleres na pesca contra o vento e marea”.

– SEREAS “As mulleres do mar”

icono_02a
icono_03a

PROMOCIÓN E FORMACIÓN

Traballamos para a valorización e mellora da competitividade do sector.

Área formación e promoción:

– “Estudo de necesidades formativas dos traballadores na pesca de altura e gran altura”.

– “Estudo para a promoción do peixe fresco en Galicia. Proposta para fomentar o seu consumo no sector da restauración colectiva”.

– Receitario: “Sabores do mar para os máis pequenos”.

– “Vigo Pesqueiro”. Visitas guiadas a nosa primeira industria.

– “Campaña Axudamos”.

– Relato: “Os Tesouros do Mar na Ría de Vigo”

SUSTENTABILIDADE

Iniciativas estratéxicas en distintos ámbitos que aseguran as necesidades do presente sen comprometer as necesidades do futuro.

Medio ambiente:

– “Campaña XUNTOS” Explotación Sustentable mediante as Operacións de desembarque da Quenlla como Unidade.

– Eco­Film Shellfishing

icono_04a

SUBSCRÍBETE
AO NOSO
BOLETÍN DE NOTICIAS

En Fundamar temos moitas cousas que contarche, así que non perdas ningunha noticia, novidade, evento ou proxecto que realicemos.