MEDIO ANO DE VIGO PESQUEIRO

 In VIGO PESQUEIRO

Desde o seu inicio, en novembro de 2016, foron máis de 3000 as persoas que participaron nas actividades programadas por ¨Vigo Pesqueiro¨ (visitas a buques, empresas, museos, paseos pola ría, etc.). Actualmente, ten máis de 2000 seguidores en redes sociais e unha lista de distribución de máis de 300 persoas, ás que se lles envía o calendario mensual e información das actividades previstas. Así mesmo, Vigo Pesqueiro colabora con entidades e asociacións de colectivos con risco de exclusión, como poden ser APAMP ou Down Vigo.

Durante todo este tempo, procurando poñer en valor e dar a coñecer a importancia que ten a segunda actividade económica máis importante de Vigo, da que dependen máis de 33.000 persoas, agradecemos inmensamente a todas as empresas e entidades que participan de xeito desinteresado neste proxecto. Queremos agradecer especialmente ao Concello de Vigo e á Autoridade Portuaria, a súa inestimable atención, apoio e colaboración nas actividades realizadas.

Na páxina web de “Vigo Pesqueiro” (www.vigopesqueiro.com) pódense consultar pequenas reseñas e fotografías dalgunhas das rutas e actividades realizadas dentro do programa (https://vigopesqueiro.com/blog-pesqueiro/)

Medio Ano de Vigo Pesqueiro

Recommended Posts