NAVEGAS PATRIMONIO INDUSTRIAL RÍA DE VIGO E RÍA DE AROUSA 2021

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

Os dias 30 de agosto de 2021 e o 2 de setembro de 2021, FUNDAMAR, co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, desenvolveu dous itinerarios turísticos -NAVEGA PATRIMONIO INDUSTRIAL: RÍA DE VIGO e RÍA DE AROUSA– para a posta en valor do patrimonio histórico e industrial desde o mar no litoral da provincia de Pontevedra, que permitise coñecer a evolución tecnolóxica e dos sistemas produtivos, xerando para o sector turístico unha estratexia de competitividade, diferenciación e impulso de desenvolvemento para o territorio. As actividades foron dirixidas tanto ao público xeral, persoas e organizacións vinculadas coa valorización do patrimonio, persoas e colectivos en risco de exclusión e as persoas participantes da Expedición RECALADAS no Camiño, proxecto que desenvolveu a entidade co obxectivo de crear a primeira senda de patrimonio industrial marítimo pesqueiro no Camiño de Santiago.

O obxectivo foi difundir e divulgar a historia e patrimonio cultural e industrial material e inmaterial do sector marítimo pesqueiro nas Rías Baixas, en lingua galega, nun contexto paisaxístico e territorial concreto con valores culturais, naturais e históricos que debemos preservar para xeracións futuras, facendo referencia ás formas de vida, sistemas de traballo, e situación actual do entorno e os elementos patrimoniais da zona.

 

As dúas actividades tiveron en conta criterios de inclusión e adaptabilidade para as persoas participantes. Contouse a bordo cos servizos de interpretación en lingua de signos, e os catamaráns, tanto na ría de Vigo como na ría de Arousa, estiveron adaptados para persoas con mobilidade reducida.

As actividades desenvolvidas son un magnífico recurso para poñer en valor o patrimonio industrial, histórico, material e inmaterial do territorio, e tamén para crear sinerxías entre diferentes entidades e colectivos, á vez que supoñen o incremento da oferta turística e a concienciación dos e das participantes respecto á importancia do sector marítimo-pesqueiro.

 

Recommended Posts