-O MAR NO CAMIÑO-

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

REMATAN OS OBRADOIROS DE “O MAR NO CAMIÑO”. MÁIS DE 300 NENOS E NENAS PARTICIPARON OS OBRADOIROS DE DIFUSIÓN DA CULTURA MARIÑEIRA GALEGA

O pasado 28 de febreiro, no CEIP Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela, finalizaron os obradoiros de difusión da cultura mariñeira do proxecto O Mar no Camiño, proxecto de FUNDAMAR beneficiario do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, coa presenza de Dª. Nava Castro, directora de Turismo de Galicia.

 Os destinatarios/as dos obradoiros foron alumnos/as de centros de educación infantil e primaria das localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago Portugués (Nigrán, Vigo, Redondela, Santiago de Compostela…); e as actividades foron dirixidas por MIMADRIÑA, educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami, e terán carácter pedagóxico, artístico e inclusivo.

En cada obradoiro realizouse unha breve presentación do proxecto, e MIMADRIÑA narrou o conto das aventuras de Migueliña, a vieira, Laura ,a xarda, Antón, o cangrexo e Roberto, o polbo, no seu camiño a Santiago.

Como resultado, e apoiada nos materiais elaborados para os colexios, realizouse unha obra conxunta por cada centro educativo,  que representan as escenas principais do relato, e que formarán parte dunha exposición itinerante.

#omarnocamiño #oteuxacobeo #xacobeo2021

 

Recommended Posts