O MAR NO CAMIÑO

 In FORMACIÓN E PROMOCIÓN

O MAR NO CAMIÑO LEVARÁ OBRADOIROS DE DIFUSIÓN DA CULTURA MARIÑEIRA A MÁIS DE 300 NENOS E NENAS EN CENTROS EDUCATIVOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUÉS

Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta Galicia

 FUNDAMAR pon en marcha, a partir do vindeiro 6 de febreiro, o proxecto O Mar no Camiño. Obradoiros de difusión da cultura mariñeir ao longo do Camiño de Santiago Portugués, co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

 Os destinatarios/as dos obradoiros serán alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria de centros de educación infantil e primaria das localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago Portugués (Nigrán, Vigo, Redondela, Santiago de Compostela…); e as actividades serán dirixidas coa colaboración de MIMADRIÑA, educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami, e terán carácter pedagóxico, artístico e inclusivo.

En cada obradoiro realizarase unha breve presentación do proxecto, e MIMADRIÑA narrará o conto das aventuras de Miguelita, a vieira, Laura ,a xarda, Antón, o cangrexo e Roberto o polbo no seu camiño a Santiago. Como resultado, e apoiada nos materiais elaborados para os colexios, realizarase unha obra conxunta quer representará as escenas principais do relato, que formará parte dunha exposición itinerante.

#omarnocamiño #oteuxacobeo #xacobeo2021

Recent Posts