O PROXECTO REDMAR CONCLÚE A SÚA TERCEIRA EDICIÓN COA REALIZACIÓN DUNHA XORNADA DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS, DE FORMA CONXUNTA CO PROXECTO SENSIMAR
O 17 de decembro de 2020 terá lugar de forma telemática a xornada final dos proxectos REDMAR III e SENSIMAR, desenvoltos co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo y de Pesca.
A xornada contará coa participación de Javier Touza, presidente de FUNDAMAR, Edelmiro Ulloa, xerente adxunto da OPPC-3, María Caldeiro, xerente de FUNDAMAR e María Hervada, da Fundación Mujeres, onde se expoñerán os resultados e conclusións dun ano de traballo. Clausurará a xornada Javier Remiro, coordinador da área de pesca e acuicultura sostibles da Fundación Biodiversidad.
No marco do proxecto REDMAR III, FUNDAMAR, a OPPC-3 e Fundación Mujeres traballaron no fortalecemento da rede co obxectivo de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no sector pesqueiro.
O proxecto SENSIMAR, desenvolvido por FUNDAMAR tivo como obxectivo concienciar, tanto ao sector como á sociedade en xeral, sobre a importancia da sostenibilidade medioambiental, a protección e conservación dos recursos biolóxicos das áreas protexidas e a recuperación da biodiversidade mariña.
Para máis información: https://redmar.es/
FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/jozuXbAigxdF7DPz7