
FUNDAMAR no seu compromiso por mellorar a seguridade marítima no sector pesqueiro, e despois de desenvolver durante os últimos anos, diversas campañas de concienciación e sensibilización relacionadas coa prevención de riscos laborais no sector pesqueiro, pon en marcha, durante 2019, e coa colaboración da Xunta de Galicia, unha campaña de “ACCIÓNS DE INFORMACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOBRE LOCALIZACIÓN, USO E MANTEMENTO DE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO A BORDO DOS BUQUES PESQUEIROS DE GALICIA”.
Durante a campaña se levarán a cabo 20 accións de información a bordo de buques de pesca, nas que se fará entrega ás tripulacións dunha ficha informativa e de autoavaliación respecto aos dispositivos de salvamento (aros salvavidas, chalecos salvavidas e sinais visuais).