PROXECTO PRL 2018: ACCIÓNS DE INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN PARA A PREVENCIÓN DOS RISCOS PSICOSOCIAIS NO SECTOR PESQUEIRO DE GALICIA

Fundación para la pesca y marisqueo (FUNDAMAR) no seu compromiso por mellorar a seguridade marítima no sector pesqueiro, puxo en marcha en 2018, coa  cofinanciación da Xunta de Galicia, unha serie de accións de información e sensibilización para a prevención de riscos psicosociais no sector pesqueiro de Galicia, co fin de seguir potenciando a cultura preventiva no sector e fomentar a concienciación de armadores e tripulacións sobre a importancia dunha boa xestión dos riscos psicosociais no sector pesqueiro.

A exposición a factores de risco psicosocial, xunto con outras situacións de risco como as condicións ambientais (iluminación, temperatura, ruído, etc.) e as condicións de seguridade, poden afectar directamente á habilidade e destreza da tripulación para realizar as tarefas a bordo, provocando, nalgúns casos, erros humanos e accidentes, influíndo directamente na  sinistralidade laboral do sector pesqueiro.

Related Projects