CAMPAÑA AXUDAMOS

O obxectivo xeral foi informar e difundir no sector as subvencións promovidas pola Consellería do Mar mediante a realización de xornadas ou visitas a entidades do sector..

Como obxectivos específicos marcáronse os seguintes:

  • Informar e dar a coñecer as ordes de axuda da Consellería do Mar.
  • Achegar dun xeito sinxelo e accesible o contido das axudas ao sector.
  • Favorecer o coñecemento das axudas por parte dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), coa finalidade de que faciliten a súa difusión na actual e nas próximas convocatorias.
  • Favorecer que as confrarías de pescadores coñezan as axudas porque, ao cabo, son as responsables de orientar o sector nas súas solicitudes.
  • Animar o sector para que solicite o máximo número de axudas, e así aproveitar os recursos.
  • Ñ Comunicar a dispoñibilidade da Consellería do Mar para resolver as dúbidas que os interesados puidesen ter.
Related Projects