CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN SOBRE EMERXENCIAS MARÍTIMAS “A PREVENCIÓN, O MELLOR SALVAVIDAS”

Os accidentes marítimos dos últimos anos no sector pesqueiro galego evidencian a necesidade de adoptar medidas orientadas a reducir este tipo de sinistros: a información, a formación, a divulgación e a sensibilización son elementos básicos para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores do sector. Por iso FUNDAMAR, co apoio da Xunta de Galicia, pon en marcha a campaña «A prevención, o mellor salvavidas», que permitirá difundir, sensibilizar e analizar as principais situacións de emerxencia, as súas causas e consecuencias, así como recomendacións de mellora e propostas que incidan na redución deste tipo de sinistros mediante boas prácticas.

A campaña comezou en setembro de 2015 cunha xornada inicial no porto de Vigo e estenderase aos principais portos pesqueiros de toda Galicia.

emerxencias-maritimas_201x588
campan%cc%83a-emerxencias
Related Projects