CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE DISPOSITIVOS DE SALVAMENTO E RESCATE NOS BUQUES PESQUEIROS DE GALICIA

FUNDAMAR, no seu compromiso por mellorar a seguridade marítima no sector pesqueiro, en 2017 pon en marcha, co apoio da Xunta de Galicia, a “Campaña de sensibilización sobre dispositivos de salvamento e rescate nos buques pesqueiros de Galicia”.

A Campaña está dirixida a institucións públicas, armadores, tripulantes, empresas e entidades representativas do sector pesqueiro galego; e exponse  como un mecanismo de mellora e revisión da situación das embarcacións galegas en canto aos dispositivos de salvamento e rescate.

As accións de sensibilización a bordo dos buques realizadas durante a Campaña, preséntanse como a mellor fórmula para chegar directamente a tripulacións e armadores, e concienciarlles da importancia que teñen as revisións e inspeccións dos dispositivos de salvamento e rescate, indispensables en caso de emerxencia. Ademais dunha breve charla-coloquio na que se entregan distintos documentos de cabeceira: manual LEMBRA do ISSGA, ficha de recomendacións e lista de recoñecemento (check-list), elaborada especificamente para a Campaña; realízase unha revisión dos dispositivos de salvamento e rescate, o que proporciona información para elaborar un informe de conclusións que será presentado ao público como remate final da Campaña.

 

Related Projects