lonja-subasta-2-copy

e eso/pes inclúe

A Fundación para la pesca y el marisqueo – FUNDAMAR desenvolveu, durante 2019-2020, co apoio da  Rede   Eusumo, impulsada pola Dirección  Xeral de  Emprego,  Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia para o fomento  do  cooperativismo e a economía social, unha “Guía para o fomento da empregabilidade de persoas con discapacidade no sector pesqueiro”, en colaboración coa Fundación Juan XXIII, que servirá de impulso e motivación para a promoción de persoas con discapacidade, na cadea do sector pesqueiro.

A Guía, que contempla unha análise de postos de traballo, ten como obxectivo, ademais de determinar a demanda do persoal requirido , dirixir o proceso de recrutamento e selección cara á elección da persoa con discapacidade máis adecuada para o posto. Polo tanto a Guía servirá de ferramenta completa tanto para as empresas do sector como para as entidades de economía social, que promoven o emprego de persoas con dificultades de inserción laboral.

190618_logos-copy
Related Projects