ESTUDO DE DETECCIÓN DE NECESIDADES PREVENTIVAS NOS BUQUES PESQUEIROS DESDE UN ENFOQUE DE XÉNERO

foto-artculo-prl-xnero
bienestar-social-cuadrado-4

FUNDAMAR pon en  macha, co apoio da Xunta de Galicia, o primeiro “Estudo integral con enfoque de xénero, na prevención de riscos laborais e necesidades preventivas nos buques pesqueiros”, tendo en conta a análise de todos os riscos, tanto ergonómicos, como psicosociais, físicos e hixiénicos, que axude á incorporación da perspectiva de xénero na xestión da prevención a bordo.

Durante 2020 se identificaron, analizaron e detectaron os riscos laborais nos buques de pesca, así como as necesidades preventivas, tendo en conta os efectos sobre a seguridade e saúde das mulleres, dando como resultado o primeiro estudo de detección de necesidades preventivas con enfoque de xénero nos buques pesqueiros.

Tras esta primeira análise, e xa nunha segunda fase, a partir das necesidades detectadas, determinaranse unha serie de medidas e recomendacións preventivas que sexan efectivas na contorna laboral, coa finalidade de eliminar factores de desigualdade que fan máis vulnerable ao colectivo feminino e que permitan avanzar cara a avaliacións de riscos cada vez máis individualizadas e adaptadas ao posto de traballo e á persoa que o desempeña.

Related Projects