omar-no-camino

O MAR NO CAMIÑO. Obradoiros de difusión da cultura mariñeira galega en centros educativos

Durante o curso 2019-2020 FUNDAMAR, co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo, desenvolveu o proxecto O Mar no Camiño, obradoiros de difusión da cultura mariñeira galega en centros educativos. As actividades dirixiunas MIMADRIÑA, educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami, e terán carácter pedagóxico, artístico e inclusivo; e o seu obxectivo principal será familiarizar aos nenos e nenas das
localidades do Camiño de Santiago Portugués co mundo marítimo-pesqueiro galego para aumentar o seu coñecemento e interese polas profesións mariñeiras e o sector pesqueiro, tan importante en Galicia. Nos materiais, na medida no posible, utilizouse o papel elaborado por APAMP no seu obradoiro artesán.

Coas dez obras colectivas dos colexios, elaborouse a páxina web www.omarnocamino.org, e realizouse unha exposición virtual, acompañada de outros materiais, como o conto, as guías didácticas ou un xogo virtual, que permiten replicar o proxecto e disfrutar das súas personaxes.

Imprimir
Related Projects