GUÍA TÉCNICA DE BOAS PRÁCTICAS HIXIÉNICAS DIRIXIDAS Á ACTIVIDADE DA PESCA INDUSTRIAL (PESCA DE ALTURA E GRAN ALTURA)

A identificación dos distintos factores de risco hixiénico e os riscos asociados a estes factores é un paso previo e indispensable, non só para avaliar o risco, senón tamén para xestionalo. Garantir a seguridade e a saúde dos traballadores ao seu cargo constitúe un deber empresarial e sindical e todo un reto na nosa sociedade. Por iso FUNDAMAR, co apoio da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten clarificar as dúbidas existentes sobre os riscos hixiénicos, propón realizar unha GUÍA DE BOAS PRÁCTICAS HIXIÉNICAS dirixida aos profesionais da pesca de ALTURA e GRANDE ALTURA en Galicia, que sirva de marco de referencia para o sector e como GUÍA DE CONSULTA E ORIENTACIÓN que dea respostas claras e sinxelas no tratamento dos riscos hixiénicos e que permita no futuro adoptar pautas de actuación.

Related Projects