I CERTAME LITERARIO
“OS TESOUROS DO MAR”
Durante 2019, co apoio da Deputación de Pontevedra, FUNDAMAR celebrou o I CERTAME LITERARIO OS TESOUROS DO MAR e a creación e edición dun relato “BEATRIX, NEMO E OS TESOUROS DO MAR”, como a segunda parte para a secuencia de relatos iniciada en 2017 con “Os tesouros do mar na Ria de Vigo”, coa finalidade de seguir dando difusión en lingua galega ao patrimonio material e inmaterial do sector pesqueiro.