II Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal

FUNDAMAR celebrou o II Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal, co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo, o 28 de novembro de 2019, no Salón de Actos do Museo do Mar de Galicia.

Nesta segunda edición déronse cita profesionais de diferentes ámbitos do turismo, a educación e o patrimonio industrial, co obxectivo de promocionar o patrimonio industrial como ferramenta fundamental na revitalización turística e económica do territorio, favorecendo redes e sinerxias na transmisión de coñecemento transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, no marco do Camiño de Santiago Portugués.

Imprimir
logo-xunta
Related Projects