PROYECTO RAPE
Revalorización das Actividades femininas na Pesca
O Proxecto RAPE, promovido polo Concello da Guarda dentro dos fondos xestionados polo GAC-7 Ría de Vigo – A Guarda e cofinanciados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Fondo Europeo de Pesca, ten como obxectivo principal contribuír ao recoñecemento económico e social das mulleres que forman parte no sector pesqueiro dun xeito indirecto, a través de accións de visibilización e sensibilización.
Este obxectivo xeral concrétase a través dos seguintes obxectivos específicos:
- Potenciar unha maior toma de conciencia da sociedade en xeral sobre a situación deste colectivo, dotando estas mulleres dun papel máis activo de xeito que poidan suxerir medidas e recursos que consideren factibles para a súa visibilización e recoñecemento.
- Crear un espazo de debate e intercambio de experiencias para profundar na temática, así como identificar necesidades e demandas por parte destas mulleres.
- Darlles visibilidade ás estratexias de diversificación emprendidas por mulleres para contribuír a manter o desenvolvemento sustentable no sector e fomentar deste xeito o emprego.
- Favorecer a cohesión social, a comunicación intersectorial, a integración socioeconómica de colectivos máis vulnerables, xerando empregabilidade e fortalecendo os lazos sociais e económicos entre subsectores.
Páxina de Facebook do Proxecto RAPE:
www.facebook.com/
“As mulleres tiran do Mar”
Recompilación das entrevistas e opinións a través do Grupo de Discusión das participantes no proxecto.