O proxecto REDMAR é pioneiro en varios aspectos. Entre eles, xerar unha rede de intercambio de experiencias, que favoreza a interrelación con países que faenan na zona NAFO, co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres dentro do sector pesqueiro.
Durante o proxecto, unha muller embarcou a bordo dun buque de grande altura co obxectivo de avaliar as posibilidades de integración real da muller nas actividades en mar aberto.
“Mulleres a bordo” é o resultado da recompilación do material videográfico desa experiencia
- Páxina Web de REDMAR: www.redmar.es
- Páxina de Facebook de REDMAR: www.facebook.com/pages/Redmar/374745809272672