image8

Co apoio da Deputación de Pontevedra, FUNDAMAR, durante o ano 2020, elaborou e adaptou o material de resumo da Ruta Patrimonio Industrial de Vigo Pesqueiro, en formato braille, para a difusión dos principais fitos históricos no desenvolvemento industrial do sector en torno á Ría de Vigo, e a súa pegada na paisaxe cultural de interese arqueolóxico, industrial e aquitectónico na configuración do entorno ata a actualidade; coa finalidade de que poidan servir como material de apoio nas actividades e visitas que se realicen no marco do programa Vigo Pesqueiro para as persoas con discapacidade visual.

Na evolución do programa Vigo Pesqueiro, detectáronse necesidades específicas de adaptación das actividades realizadas para persoas con diversidade funcional; adaptacións que fóronse realizando e personalizando dependendo das persoas destinatarias. Este material súmase a todas as adaptacións que se realizan coa intención de promover a inclusión en todas as actividades realizadas pola fundación.

fondo-logo
Related Projects