captura-de-pantalla-2021-02-22-a-las-12.17.03

RECALADAS EN EL CAMINO

FUNDAMAR pon en marcha, co apoio da Xunta de Galicia, dentro do programa O  teu Xacobeo, o proxecto RECALADAS NO CAMIÑO.

RECALADAS NO CAMIÑO é un proxecto experimental no que, nun  espazo de  cocreación itinerante, equipos multidisciplinares de estudantes e recentemente titulados/as, elixidos baixo criterios de paridade de xénero e inclusión, recalarán durante 6 días de traballo de campo en dous enclaves cunha alta densidade de elementos patrimoniais, o que permitirá xerar un itinerario polo patrimonio industrial vinculado ás actividades marítimas e pesqueiras, no marco de oportunidades que ofrece o Camiño de Santiago.

Os equipos estarán acompañados polo comité organizador e científico, do que forman parte a Asociación Galega de Patrimonio Industrial   Buxa, o Laboratorio de Patrimonio Industrial Pozo 5 da Universidade de Sevilla, o Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial Pesca, Industria Comercio da Universidade de Santiago de Compostela e o estudo   Noncommon.

Os resultados da expedición RECALADAS NO CAMIÑO serán presentados nunha conferencia final, onde cada un dos equipos presentará a súa proposta,  contribuíndo á identificación, dinamización e valorización do patrimonio industrial no marco do Camiño de Santiago.

Colaboradores

colaboradores-2
Related Projects