RECEITARIO: SABORES DO MAR PARA OS MÁIS PEQUENOS
FUNDAMAR elabora en 2013, co financiamento da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Pesca, un receitario dirixido aos máis pequenos da casa.
O receitario:
- dá consellos prácticos á hora de ofrecer peixe fresco aos nenos e nenas;
- describe as propiedades nutritivas das especies seleccionadas;
- facilita receitas atractivas e divertidas para os nenos e nenas, nas que o peixe fresco é o principal ingrediente.