O proxecto, beneficiario do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, consiste na programación dunha Semana Cultural Pesqueira, onde se realizan, de xeito coordinado, todo tipo de actividades de promoción dos valores do Camiño en relación co sector marítimo pesqueiro e o seu patrimonio, material, inmaterial, natural e humano, en localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago, fomentando a cooperación, o traballo en rede e a replicabilidade noutros ámbitos. As persoas destinatarias son os/as peregrinos/as e a poboación local, promovendo a convivencia e o intercambio de experiencias sociais. Baseado nunha metodoloxía participativa, de entidades e axentes do sector marítimo pesqueiro e a cidadanía en xeral, xunto coas persoas peregrinas, contribuíndo ao recoñecemento do patrimonio de Galicia no marco do Camiño de Santiago. 

Related Projects