SENSIMAR

Durante 2020,  FUNDAMAR,  co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica, no marco do Programa  pleamar do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca, desenvolve o proxecto Sensibilización ambiental de zonas marisqueiras –  SENSIMAR, cuxo obxectivo é concienciar, tanto ao sector como á sociedade en xeral, sobre a importancia da sustentabilidade ambiental, a protección e conservación dos recursos biolóxicos das áreas protexidas e a recuperación da biodiversidade mariña.

Nesta primeira parte do proxecto, estudaranse detalladamente os espazos marisqueiros da Ría de Vigo, incidindo nas áreas de especial protección incluídas na REDE NATURA 2000, na importancia da coxestión dos bancos marisqueiros para que estes proporcionen así mesmo recursos de forma sustentable, e en como as accións en terra e no mar por parte do ser humano poden ter grandes repercusións neses espazos que se traduzan en perda de biodiversidade mariña e fagan que a sustentabilidade da actividade marisqueira poida verse comprometida.

Coa información recompilada, propoñerase ás Confrarías que queiran participar na implantación do proxecto, para o ano 2021, unha actividade complementaria á actual, que consistirá na sensibilización de escolares sobre a importancia da protección da área costeira en base á sustentabilidade social, ambiental e económica da mesma e das actividades que nela desenvólvense.

mterdfb_pleamarfempintemares-2020-01
Related Projects