VIGO PESQUEIRO. RUTAS GUIADAS, A NOSA PRIMEIRA INDUSTRIA
Da man de FUNDAMAR, nace a 1ª Ruta de Turismo Industrial polo Vigo máis pesqueiro. A través de «Vigo Pesqueiro» achegaranse á industria, aos seus produtos e á historia e o traballo que, con tanto esforzo e dedicación, entregou a xente do mar durante décadas. Un traballo duro, difícil, que estendeu o nome de Vigo e as súas empresas por todo o mundo.
A organización destes itinerarios turístico-industriais conseguirá efectos positivos en diversos niveis:
Para a nosa cidade
- mostrarase como un eficaz elemento para soster acción de MERCADOTECNIA TERRITORIAL;
- axudará á visibilidade de Vigo e, sobre todo, á súa COMPRENSIÓN, e é
- un elemento de COHESIÓN para a cidadanía.
Para as empresas implicadas:
- constitúe unha magnífica ferramenta de mercadotecnia, a mellor CAMPAÑA DE IMAXE;
- axuda ao coñecemento e a establecer RELACIÓNS, e
- achega os produtos locais ao CONSUMIDOR
Como elemento turístico:
- Intégrase de xeito moi eficaz co TURISMO DE CONGRESOS;
- axuda a DESESTACIONALIZAR a oferta, e complementa perfectamente a PROPOSTA MUSEÍSTICA da cidade.
Pódese consultar toda a información do programa en: