PUNTADA INVISIBLE

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO

O vídeo “Puntada Invisible” de FUNDAMAR gañou o certame internacional de vídeo da asociación Women in the Seafood Industry, que pretendía dar visibilidade ao papel da muller no sector pesqueiro en todas as fases da cadea de valor. O vídeo protagonízao unha redeira de Cangas, Pontevedra, que explica os problemas aos que se enfronta diariamente para facer o seu traballo mentres repara unha rede de pesca.

A doutora Fenella Porter, unha dos membros do xurado, sinala que “a competición é unha excelente maneira de comunicar os problemas reais aos que se enfrontan as mulleres na industria de produtos do mar, sen ser demasiado teórico; é efectivo e informativo, e unha forma divertida de obter este tipo de información. As voces destas mulleres son auténticas e claras, e deben ser escoitadas”. Marie Christine Monfort, cofundadora e presidenta de WSI anuncia a apertura da edición do próximo ano 2019. “Recibimos 15 vídeos excelentes de sete países e todos levan unha mensaxe que convida á reflexión. Despois de tan boa colleita de 2018, comprácenos anunciar que a competencia se volverá a realizar en 2019”

Puntada Invisible pon de manifesto como as mulleres desempeñan papeis importantes pero pouco recoñecidos na industria pesqueira, e como o seu traballo está afectado polos riscos para a saúde da súa ocupación.

VER VIDEO

 

Recent Posts