REDMAR II

 In BENESTAR SOCIAL E XÉNERO, FORMACIÓN E PROMOCIÓN, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL, SUSTENTABILIDADE

FUNDAMAR e a OPPC-3, co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, no marco do Programa Pleamar do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca, desenvolverán, durante este ano 2018, o proxecto REDMAR II, programa para o fomento de experiencias a bordo e mellora do intercambio de boas prácticas en Rede, en materia de igualdade de oportunidades, seguridade a bordo e medio ambiente.

O obxectivo xeral do proxecto é fortalecer a rede REDMAR, iniciada en 2013, e promover a empregabilidade das mulleres tituladas en formación marítimo-pesqueira, así como o intercambio de boas prácticas en materia de seguridade a bordo, medio ambiente e igualdade de xénero. REDMAR é, por tanto, un proxecto innovador no seu marco de acción, por abordar temas xeralmente inusuais dentro do sector e con gran importancia e relevancia para a pesca.

O proxecto REDMAR, iniciado en 2013, foi pioneiro en varios aspectos, entre eles, o de xerar unha rede de intercambio de experiencias que favorecesen a interrelación de diferentes entidades vinculadas ao sector pesqueiro co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres dentro do mesmo.

Para esta nova fase, o proxecto procurará a consolidación da rede establecida na primeira fase do proxecto, fomentará o intercambio de boas prácticas e promoverá experiencias de embarque de mulleres tituladas en formación marítimo-pesqueira a bordo de buques de pesca.

  

Recent Posts