Xornada de Presentación. Campaña de información e sensibilización para a integración da perspectiva de xénero na PRL no sector pesqueiro.

 In SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

FUNDAMAR celebrará o vindeiro luns, 25 de abril de 2022, ás  11:00h, no Salón de Actos da Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo (ARVI), a XORNADA DE PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN PARA A INTEGRACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA PRL NO SECTOR PESQUEIRO, na que se contará coa participación de María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade e Javier Touza, presidente de FUNDAMAR no acto de benvida.

A xornada, clausurada pola directora  xeral de  Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Elena Mancha, contará ademais coa participación da directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja, Cristina Calvo, secretaria de Igualdade e Asuntos Sociais FeSMC-UGT Galicia, Ramón Sancho,  responsable do servizo de prevención mancomunado SPM–Coapre ARVI, nunha mesa redonda moderada por Begoña Marugán, adxunta da Secretaría Confederal de Mujeres, Igualdad y Condiciones de Trabajo de CCOO.

Descarga aquí o programa da Xornada

A campaña, que conta co apoio da Xunta de Galicia, estará dirixida a tripulacións, empresas armadoras, futuros profesionais do sector, técnicos/as de prevención de riscos e outros/ as profesionais do ámbito da seguridade e saúde no traballo, ten por obxectivo presentar os contidos do Estudo integral de  PRL con enfoque de xénero na  PRL nos buques pesqueiros, e favorecer a integración do factor xénero nas actuacións preventivas no sector, en xeral, e nos buques de pesca, en particular; contribuíndo así a mellorar a seguridade e as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras, independentemente do seu xénero, evitando as desigualdades.

Para a asistencia á xornada será necesario o rexistro previo a través do seguinte formulario.

Recent Posts